Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





martes, 19 de noviembre de 2013

Merecimos mais en Abella

Sabado, 6 da tarde, campo en moi boas condicións, lugar Abella, Concello de Frades, nos con 12 xogadores, sin porteiro e con mais moral co Alcoyano.
De saida con 11 no campo e con Mariño de porteiro pola lesión de Chinchilla, todo parecía complicado, ainda que Kurras volvera o equipo, eran poucos os efectivos, ademais de Chin, faltaban o outro porteiro Oscar, os defensas Javier Sardi, Julio Ferradas, Elías por lesión, etc.
Saimos como sempre un pouco fríos, eles dende o principio puxeron un ritmo rápido do xogo, pero non creaban xogadas de perigo, pola banda o seu mellor xogador Dubra non conseguía desbordar e nos conforme iba pasando o tempo facíamos ocasións mais claras nas contras, xa avisara Pampin antes de marcar o primeiro gol, que podía chegar fácil a súa porteria.
E sería Pampin o xogador que marcaría o primeiro gol nunha contra que finalizaba o seu estilo, batindo o  porteiro por baixo logo de unha escapada dende o medio campo.
E seguimos co mesmo esquema, eles dominando sin perigo e nos as contras, e así chegaría o noso segundo gol, outra vez sería Pampin a pase de Beni o que batiría de novo o porteiro, 0-2.
O partido estaba de cara, e cando todo parecía que nos levaría o descanso, chega o penalty pitado polo árbitro por suposta man na área, a verdade e que o balón lle foi a man, ainda que foi moi riguroso porque non había a mais mínima intención de darlle coa man. Tiran o penalty e marcan, o descanso 1-2.
No segundo tempo todo facía supoñer que podíamos sacar algo positivo deste partido porque a pesar de que eles son un bo equipo, daban mostras moi claras atrás de que non sabían defendernos ben os nosos interiores, tanto Pampin como Santi entraban de forma clara polos laterais do campo con moito perigo.
No segundo tempo, sería Santi o que entra pola banda de novo e Dardo que xogaba de dianteiro punta marcaría o 1-3, todo parecía que podíamos acadar os 3 puntos si foramos capaces de "matar" o partido, e nesas estabamos cando eles nuha xogada de rechace marcan o 2-3.
Complicábase o partido de novo, sobre todo polo tema dos cambios, eles con moita xente, e nós con un so cambio, estaban metendolle moita mais presión o partido, e nada chegaría o 3-3 noutra xogada similar, segunda xogada que pillan e rematan a porta sin que o noso porteiro poida facer nada.
E xa cerca do final, o árbitro saca outra penalty da manga logo de unha loita entre o dianteiro e o defensa, por agarron na área, increible pero certo, a presión dos xogadores contrarios e dunhos poucos afecionados fixo que o árbitro decantara o partido de forma caseira.
Marcan é poñense 4-3, todo parecía acabado para nós, logo de tanta loita e volver para Silleda con unha derrota non parecía xusto, e foi a fe cega dos nosos xogadores a que fixo que na derradeira xogada do partido Jose Luis remata o corner o fondo da portería contraria, 4-4.
Este empate que nos pode parecer pouco logo de ver todo o partido, recompensa de algunha forma a loita e o traballo de todo o equipo durante os 90 minutos, e ainda que 1 punto non sexa moito, si ten moita mais importancia a moral de acadar algo positivo neste encontro.
Felicitar o todo o equipo polo pundonor e loita amosado nestas circunstancias nada favorables, próximo partido contra o Veteranos Compostela en Silleda, e temos que gañar, ainda que aqui hai moita igualdade entre os equipos e non hai rival pequeno, por moito que se atope no fondo da clasificación.


No hay comentarios: