Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 28 de octubre de 2013

Partido suspendido en Boiro contra o Tourline

Este sábado partido en Boiro contra o Tourline, un campo que non nos gusta NADA e que de seguir así nos vai a gustar menos, xa que para nos e moi dificil gañar ali por moitos motivos.
Empezamos o partido sin control do xogo por ningún dos equipos, e sin case que ocasións, solo o número 16 deles entraba con un pouco de perigo pola banda dereita súa e pouco mais. Eles facendo un xogo duro, eso sí, como é acostumado neste equipo no centro do campo, que en moitos casos está o límite do regulamento e nos tentando que non se os suban as barbas e nos intimiden.
O partido estaba calmado e incluso creo que sin ningunha tarxeta, e nestas houbo unha xogada pola banda onde Marcos entra o 16 deles, acabando os dous no chan, ali faise unha liorta onde o noso xogador se queixa dunha patada e toma a xustiza pola man, a eso non debe de chegar NUNCA.
Nestas o xogador número 25 deles, xogador que xa expulsaran o ano pasado contra nos en Silleda, lle da un forte puñetazo na cabeza a Marcos e o tira o cha. A partir de ahi, volvese todo moi bronco entre os xogadores de ambos equipos que defenden os seus.
O árbitro vendo tal liada entre os xogadores decide suspender o encontro, pola miña parte parece o mais convinte dados os ánimos dos xogadores dos dous equipos.
Non e momento de botar peito nin de encollerse, nin de botarlle a culpa os demais nin a nos, todos temos culpa, dous non pelexan se un non quere, solamente debemos facer unha reflexión entre todos, esto e un xogo e non podemos esquecer ese concepto, todo o demais non ten sentido, a ningunha idade e menos a nosa, que se nos supón homes feitos e dereitos, sentidiño por favor.
Sin mais, porque estas cousas sacan as gañas de todo e botar culpas ou xustificar non ven a nada, agora a esperar que a Agrupación decida cando xogar, sin mais.
Próximo partido ó día 9 de Novembro contra o Victoria FC en Outeiriño Silleda.


No hay comentarios: