Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 25 de noviembre de 2013

River Silleda 4 - Veteranos Compostela 1.

Pois si, gañamos o sábado contra o noso rival o Veteranos do Compostela, un partido que nalgunhos momentos se nos puxo costa arriba, como sempre o exceso de confianza e a falta de motivación levounos a que tiveramos que resolver o partido nos derradeiros 20 minutos, logo de empatar e case que poñerse eles por diante no marcador.
Saimos fríos como sempre o campo, ainda que o día tamen non axudaba moito, facía frio en Outeiriño e o rival xogaba o balón sin moverse moito pero con bo criterio, e nós empezamos correndo detrás deles, unha porque non facíamos presión sobre o rival e outra porque non atopábamos o sitio no campo, nalgunhos momentos parecía que o partido do sábado anterior en Abella fora un soño.
Saíamos co porteiro Oscar, logo de que Chinchilla ainda non está recuperado de todo da súa lesión, e coas baixas de Cuiña e Kurras sobre o partido anterior, volvían Javier Sardi e Elías, logo de recuperarse da súa lesión.
O noso primeiro gol chegaría na primeira partepor mediación de Santi, e así nos fomos o descanso.
No segundo tempo o partido volveuse un pouco tolo, porque xa que nos non dabamos acabar de marcar o segundo gol, chegaría o gol deles, logo de una perda de balón pola banda izquierda.
E a partires de ahí, tivemos unhos 5 minutos complicados, a desesperación volvíase na nosa contra, o porteiro parou un par de tiros a porta e incluso chegaron a marcar outro gol que o árbitro anulou por fora de xogo.
Menos mal, que nos refixemos e a falta de 20 minutos José Luis sube o ataque e remata un corner, gol sipcolóxico que nos da alas para marcar o terceiro, obra de Pampín e logo chegaría o cuarto que marcaría Toño, o outro Pampin.
Resumindo, partido para esquecer o mellor de todo os tres puntos que nos deixan no medio da taboa que boa falta nos van a facer en momentos mais complicados que si os teremos.
Próximo partido e Puebla, un rival que ainda que solo leva 6 puntos, a nos vainos a poñer as cousas complicadas, sobretodo contra estes equipos de esa zona que teñen una maneira moi súa de xogar o futbol.
Aupa River....

No hay comentarios: