Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 7 de octubre de 2013

Victoria en Sigueiro ante o Vinoteca Raquel.

Partido xogado o sábado as 8 da tarde en Sigueiro, pola nosa parte 13 xogadores desplazados o partido que se xogaba as 8 da tarde, horario moi pouco aconsellable ainda que o día estaba ben para xogar o futbol. Tres baixas con respeto o partido anterior, Chinchilla o porteiro, Julio Ferradas e Mariño.
Saimos con superioridade, mais superioridade numérica que no xogo, eles con 9 xogadores e nós confiandonos e sin gañas de resolver de unha vez o partido.
E así marcarían eles o primeiro gol, un solo dianteiro deles contra 3 defensas, e logo dunha indecisión dos nosos defensas, pica o balón por encima do porteiro e poñense gañando o partido, increible pero certo.
Nestes momentos do xogo Pampín xa estaba na banda con un recaida da súa lesión do primeiro partido, a ver si neste parón pode recuperarse porque é un punto importante no equipo.
Logo chegaría o noso empate, gol de Beni que faría un hard trick neste partido con 3 golazos de moi bos disparos dende fora da área, un deles de falta directa.
O segundo gol sería de Elías que estrea o seu taboeiro nesta tempada, recolle un balón rexeitado polo porteiro e mando o fondo das redes, 2-1.
E así chegamos o descanso, no segundo tempo controlamos o partido doutra maneira, e chegaría outro gol de Beni o 3-1, e o noso equipo xa estaba movendo o balón ainda que eles con moito pundonor e raza corrían e a contra ataque facíannos dudas na nosa defensa.
E chegaría o gol deles, nunha falta pitada polo árbitro nunha mano non existente pitada a Marcos, tiro dende fora da área e o noso porteiro, neste caso Oscar tragou o balón logo de risparselle entre as mans, eles volvían a estar ahí e calque fallo podía supoñer un traspés para nós.
E volvería a ser Beni, que tiña o día da súa cara o que marcaría de falta o definitivo 4-2, golazo pola escuadra que tiraba o traste calquer posibilidade de empate deles e dabanos a nós a tranquilidade da victoria.
Pouco mais que decir deste partido, non gañar sería imperdonable pola situación do equipo contrario, en canto os nosos xogadores pois a pesar de ser un partido moi raro e de non estar todo o ben que debíamos, tamen e certo que xogar así non motiva moito, a nós gustanos mais os equipos que ofrecen unha loita mais igual.
Agora toca descansar a próxima xornada e logo ven o lider o Recambios Arturo, un equipo que non e doado pola forma que teñen de xogar, equipo bronco e marrulleiro que xoga o límite do legal, polo menos fai dous anos.
Dado que este ano levamos 7 puntos en catro partidos, case que os mesmos que acadamos o ano pasado na primeira volta, que foran 8,  o ambiente no vestiario e moito meyor, de todas formas ainda temos que recuperar os lesionados Jose Luis, Pampín, Mariño e Nacho e tamen mellorar a nosa forma física un pouco sino queremos perder partidos como o de Castrosúa.
Aupa River......

No hay comentarios: