Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 30 de septiembre de 2013

Empate en Silleda contra o Camporrapado

Segundo partido no campo de Outeiriño (Silleda) contra o Camporrapado, equipo que ven de ascender na campaña pasada, con xogadores coñecidos en Silleda, ou ben polo seu pasado no equipo de afeicionados o ben por os moitos anos xogando o futbol nestes campos.
De saida o equipo empezou como sempre con bastantes dúvidas sobre todo en defensa, e o medio do campo non era capaz tampouco de facer boas xogadas conbinadas, a balón non era noso e eles parecía que amosaban mais perigo sobre todo diante da nosa portería, e así chagaría o gol deles que enste caso marcaríamos nos en propia porta, nun despexe de cabeza defetuoso que acaba bantendo a Chichilla que estaba amosandose seguro baixo os paos.
Pouco a pouco fomonos refacendo e sería Beni nun deses tiros a porta que solo é sabe dirixir dentro das redes, golazo e empate, 1-1.
Asi e todo eles amosaron mais perigo ca nós sobre todo Carlín estaballe complicando o partido o noso lateral, ainda así fomonos o descanso co empate.
E no segundo tempo, cambiaron as cousas, pouco a pouco o dominio volveuse noso e ainda que os cambios de Cuiña, Pampín e Dardo erán pouco doados debido as súas lesións, nos derradeiros 10 minutos do encontro merecimos marcar o segundo gol e a victoria do partido.
Primeiro sería Curras o que de falta indirecta espataba o balón no poste da portería e logo teríamos mais ocasions o lado contrario da portería, pero nada o marcador quedaba así, 1-1.
Neste caso o árbitro do encontro estivo moi ben, bueno mellor que moi ben, dado o nivel de arbitraxes de veteranos, estivo Soberbio, pero soberbio no bo sentido da palabra, todo o contrario, dialogante, ben situado, en fin, un DEZ para o calexiado do encontro, que deixou contentos os dous equipos.
En canto o equipo contrario, moi ben tamen, non houba ningún follón nin mal rollo no campo e todo foi de seda nesta semana.
Próximo partidos contra o Vinoteca Raquel en Sigueiro....aupa River.

No hay comentarios: