Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 21 de octubre de 2013

Escapousenos a victoria por pouco.

O sábado visitaba Outeiriño o actual lider da categoría, neste caso empatado a puntos co Terra de Xallas, o Recambios Arturo, en principio tal como sabíamos era un rival duro e tosco, logo vimos que o equipo cambiou para mellor en todolos sentidos, xogan mais o futbol e non son aqueles xogadores rocosos de antaño que solo sabían protestar e armala gorda.
Saimos como sempre en Babía e nunha desas xogadas tontas, eles aproveitan un fallo da nosa defensa e adiantanse no marcador por medio do seu dianteiro Moure, que coa esquerda bate de tiro forte no segundo pao pola escuadra dereita colocando o 0-1 no marcador, minuto 12.
A partir de ahi e durante o primeiro tempo, o xogo non foi bo, non tendo ocasions ningún dos equipos, o xogo moi trabado non daba para combinar nin facer moitas xogadas, eles defendianse ben e nos ibamos mellorando pero moi lentamente, e así nos fomos o vestiario 0-1.
No segundo tempo o equipo cambiou e pasou a dominar a situación, e verdade que eles tiñan o resultado a favor e mais que nada defendíanse, e así chagaría o noso gol ala polo minuto 22, golazo de Beni de falta directa que sitúa o empate no marcador, 1-1.
Anteriormente Julio xa fallara unha desas faltas que lle gustan, pero o noso dominio por fin dou os seus frutos.
E un pouco mais tarde chagaría o noso segundo gol de Pampín II que logo de recoller un pase dende a defensa nunha salida dun corner marca o 2-1.
Poñíasenos o partido de cara, logo de ir perdendo boa parte do encontro, todo parecía que podía chegar a nosa segunda victoria na casa, pero non foi asi, e no minuto 39, eles rouban un balón no medio do campo e logo de unha boa combinación Moure volve a rematar no segundo pau sin que poidamos facer nada, 2-2.
O resultado e xusto para o que fixeron os dous equipos no campo, poidemos gañar, pero sería demasiado premio para o que demostramos no campo, de todas formas o equipo loitou co marcador en contra e estivemos a punto de facer que o Recambios Arturo perdera o seu primeiro partido.
Esto sigue, próximo partido en Boiro contra o Tourline as 6 da tarde si non hai cambios, esperemos seguir coa boa racha de partidos sin perder, ainda que ali nunca se nos dan nada ben as cousas.




No hay comentarios: