Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





martes, 17 de septiembre de 2013

Empezamos a nova tempada gañando o Bertamirans

Esta sábado daba comenzo a nova tempada no campo de Outeiriño (Silleda) contra un rival que xoga ben a pelota e con rapidez, curiosamente a derradeira derrota do noso River foi o ano pasado con eles en Milladoiro.
Comenzou o partido con moitos atrancos pola nosa parte, as baixas de Jose Luis lesionado e Marcos fixeron que tivéramos que cambiar unha parte da defensa, xogando Mariño e Julio Ferradas no seu sitio.
Eles conducían o balón con mais criterio ca nós e ainda que o seu perigo non era moi grande a nós costábamos mover ben o balón, a nosa linea de creación non era capaz de artellar xogadas de ataque e solo defendíamos con certo orden.
Así chegaría o descanso, empate a ceros e todo parecía que ía a ser un partido con moi poucos goles, tal como así sucedeu.
No segundo tempo nos fomos capaces de poñer en apuros o equipo contrario, ante os seus ataques mais ordenados saímonos nós con balón polas bandas con mais perigo e así nunha desas chegaría o noso primeiro gol, obra de Santi logo de finalizar unha xogada levada pola súa banda.
Antes eles tiveran un erro monumental cando o seu dianteiro a porta vacía mandou o balón a un lado do poste dereito da nosa portería.
No segundo tempo tivemos mais ocasións incluso Santi pudo poñer o 2 a 0 si en vez de pasar o balón a Lolo que chagaba xa cansado, fose el capaz de rematar a xogada, unha magoa.
Asi e todo eles fixeron presión nos derradeiros 20 minutos e ainda que non marcaron si tiveron algunha ocasión de facer gol, sobre todo en balóns parados e cornets.
Partido pois moi igualado, neste caso gañamos pero o equipo ainda está moi baixo fisicamente e o mellor de todo sin dúvida foron os tres puntos acadados.
Próximo partido do River en Esclavitude contra o Castrosúa.

No hay comentarios: