Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 23 de septiembre de 2013

Perdimos ante o Castrosua en Esclavitude

Segundo partido da liga deste ano e primeira derrota do noso equipo, neste caso por 3-2. Tarde de moito calor, 35 grados antes de empezar o partido, chegamos un pouco tarde e saíamos o campo pois con poucos xogadores porque algúns non viaxaron porque están tocados, como o caso de Pampín.
Empezaron o partido eles con moito ritmo, teñen un equipo xoven e eso nótase alomenos no comenzo do partido, ainda así nunha xogada nosa pola banda Santi adiantanos no marcador, logo chegarían dous goles deles en menos de 2 minutos, dous fallos, o primeiro por falta de entendemento nun despexe que rebota o seu dianteiro que acaba marcando e o segundo nun centro o noso defensa non atina a marcar ben o remate dun xogador contrario, asi en pouco tempo pasamos do 0-1 o 2-1, co que chegaríamos o descanso.
No banquillo as cousas non iban moi ben, Dardo parecía recaer nunha lesión do día anterior e Jose Luis retirábase logo de tentar xogar pero a lesión do seu cuadriceps ainda non está para lerias.
No segundo tempo o pouco de empezar o árbitro con unha actitude prepotente e autoritaria desmedida expulsou a un xogador noso, o que poido supoñer un condicionante na nosa derrota, ainda así o equipo no segundo tempo xogou moito  mellor e si e certo que eles chegaban en contra-ataques con perigo pero nos erramos varías ocasions de gol, e así nun ataque deles chegaría o 3-1 que parecía sentenciar o partido. Pero logo nunha maxistral falta sacada por Julio Ferradás nos acadaríamos o segundo gol. Vai a ter que sacar mais faltas Julio, a verdade e que nin Cristiano o houbera feito mellor.
En resumen, o noso equipo un pouco mermado faltoulle algo mais de convinción e forza para sacar adiante algo positivo en Esclavitude ainda que o equipo contrario sexa dun nivel parecido o noso.
En canto a actitude dos árbitros nos partidos de Veteranos en Santiago, deberíamos pedirlles o seu Presidente o que falamos todolos equipos o longo das xornadas, unha actitude mais sinxela e humilde no campo cos xogadores porque o respeto non se acada coa ameaza e as tarxetas, senon con dialogo e respeto no campo.
Próximo partido en Silleda ante o Camporrapado, outro partido que parece complicado dada a igualdade desta categoría.
Aupa River.

No hay comentarios: