Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 4 de marzo de 2013

Victoria ante o Sp. Puebla

O sábado xogamos ante o Sp. Puebla.
 En prinicipio era un partido bastante complicado dado a entidade que o rival amosara en Silleda e polas demais circunstancias extradeportivas que fixeran que se repetira o partido, ademais das trifulcas que houbera.
Saimos o campo a ver como se atopaba o rival, xa víamos que algúns dos xogadores importantes do equipo rival non estaban o que fixo que en ningún momento amosaron o xogo da primeira volta.
Saimos o campo tentando dominar o xogo e ver si podíamos chegar a marcar, e a verdade é que a pesar da nosas baixas de Beni e Marcos o equipo atopouse ben en todo momento.
O xogo deles baseabase en balóns largos en busca dos dianteiros, sin transición no centro do campo, que foi noso durante todo o partido.
E nunha xogada nosa, Nelson vaise dos defensas que eran moi lentos e enfrenta o porteiro, este saca a man abaixo e desvía o balón a corner, mágoa porque poido ser o noso primeiro.
Pero logo de un par de tiros nosos dende fora da área chegaría o noso gol, Nelson nesta ocasión vaíse dos defensas e marca ante a saíada do porteiro, bonito gol do paraguaio.
Eles tampouco amosaron moito perigo, solo algunha dúvida en defensa moi puntual, o equipo rival estaba moi nervioso e entre eles facíanse desprezos e chegou o momento onde incluso o porteiro local sacou os guantes e a punto estivo de marcharse do encontro, logo de mandar o balón fora do campo.
Así chegamos o descanso, 0-1.
No segundo tempo, eles saíron moito mais metidos no partido e ainda que o seu xogo non melloraba, algúns deles colleronna con nos e co colexiado, todo eran protestas e follons pola súa parte, malos modos con nos, a verdade e desos partidos que te plantexas o de seguir xogando en veteranos.
Sin moito mais que contar, solo un balón o longeiro noso de falta que lanzou Pampín, logo de unha falta que lle fixo o defensa cando se iba para enfrentar o porteiro, pudo ser xogada de gol.
Eles pediron penalti nunha xogada, onde un deles ameazou ó arbitro de malos modos, dando este por finalizado o encontro.
Pola nosa parte ben todo o equipo, e pola deles, decir que este non ten nada que ver con aquel bo equipo que vimos na primeira volta, un equipo desesperado e sin xogo, de seguir asi creo que acadaran o ascenso a división de Honra.




No hay comentarios: