Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





miércoles, 27 de marzo de 2013

Gañamos o Lousame, cuarta victoria seguida

Este sábado pasado tíñamos outra final en Silleda contra o Lousame, un equipo que non eé un rival directo pola loita do descenso pero que necesitábamos gañar seguir sumando e sair do pozo no que nos metimos este ano.
O rival, un equipo serio e con bo xogo, nada barrulleiro e con xuventude, xa no partido de ida, onde eles non tiveron nada de culpa pero o árbitro nos fixo unha desfeita total.
Saimos o campo, a ver como se movía o rival, a verdade e que eles tocaban o balón con sentido e nos non éramos capaces de dar dous pases seguidos.
Ainda que as ocasións non chegaban por nigún dos lados, eles adiante amosaban perigo constante, a nosa media desbordada non sabía como atallar as súas embestidas, a defensa un pouco agobiada, ainda que segura temía o peor.
Pero nun corner Luis sube o remate e engancha un balón coa cabeza que o defensa deles non saca e Lolo remacha o gol.
E así nos fomos o descanso, no segundo tempo poucos cambios tivemos por ambos lados, o xogo foi bastante igualado, ainda que podía pasar que eles nos empataran o partido e eso para nós era unha bagoa tal e como estámos necesitados de puntos nestes momento.
O final, gañamos 1-0 e sumámos tres novos puntos no noso taboeiro. Próximo partido atrasado contra o Terra de Xallas as 9 da noite o mercoles 27.
Sería moi importante acadar os 3 puntos, en caso de non facelo, ó próximo partido e moi complicado contra o rival directo o Barbanza Touliña en Boiro.

No hay comentarios: