Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 18 de marzo de 2013

Gañamos o Chaian e xa levamos 3 victorias seguidas

Este victoria contra o Chain confirma a nosa remontada na segunda volta desta liga que tan mal empezamos, son 3 as victorias encadeadas e 4 os partidos que levamos puntuando, 10 de 12 puntos posibles contrarivais tan importantes como o Negreira ou o Sp. Puebla, Chaian e o Melide.
Antes de nada decir que debido a alineación indebida do Melide contra nos, este equipo foi sancionado con 6 puntos de penalización, pola cal o Melide neste momento e logo de empatar contra o Sp. Puebla, ten 16 puntos e nos 22.
Saímos como sempre a tentar de xogar as nosas bazas, e ver como respondía o rival, un rival que toca moito o balón e xoga o futbol, ainda que sin crear moito perigo, polo demáis e un dos equipos mais limpos, non solo da categoría senon incluso de todolos da Agrupación de Santiago.
Seríamos nos os primeiros en marcar o gol, Nelson nesta ocasión non falla e bate por baixo o porteiro nunha boa entrada súa pola banda.
Eles tocaban e tocaban o balón sobre todo do medio campo para atrás, e nos sin sufrir moito, menos nun par de ocasions que Fernando toca o balón rexeitando o perigo.
Asi chegamos o descanso, e no segundo tempo, eles saíron con mais gañas de atacar a nosa área, ainda así Beni pega un tiro dende fora da área que da na cruceta da portería, podería ser o 0-2 pero nesa mesma xogada en contra ataque o seu extremo enfrenta a Marcos que lle ten que facer falta, e nesa falta chega o empate a 1-1.
Seguimos mais ou menos na mesma teima e chegaría o noso gol, Beni escapase pola banda e case que sen ángulo mete o balón na portería, 2-1.
Pero non estaba todo dito, e Fernando fixo unha boa parada nun rexeite noso logo de dos despexes defectuosos e mesmo logo de parar un tiro de falta, despexa un remate a boca xarro de dos dianteiros deles, que poderían estar en fora de xogo.
O árbitro estivo ben, a verdade e que a cordialidade deste equipo roza a perfección, e non houbo ningún tipo de trifulca entre nos e eles.
Final, victoria en Chain que nos sabe a gloria, a ver si somos de encadear os dous seguintes partidos que xogamos no noso campo contra o Lousame e contra o Xallas, de ser así poderíamos decir que estamos no camiño da salvación, logo desta tempada tan desastrosa.
Próximo partido en Silleda contra o Lousame, aupa River.

No hay comentarios: