Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 21 de noviembre de 2011

Pouca recompensa para o que merecimos

Partido o sábado contra o Rasalioa de Padrón, un equipo histórico na liga de Veteranos de santiago, un equipo con xente moi nova que xoga o futbol, pero con unha plantilla moi curta, o mesmo que a nosa.
Saimos cos once xogadores que nos desplazamos o partido, Nercellas incluso xogou todo partido con una pequena lesión que lle facía mais difícil a súa participación.
Saimos atrás con Cuiña en punta e ainda que eles tiveron alomenos dúas ocasións clarísimas para adiantarse no marcador, estaban moi errados no remate, así o dianteiro falla solo frente o noso porteiro Nacho, porteiro que está a facelo francamente moi ben, facendo que Chichilla non se atope tanto de menos.
Cuiña, Beni intentaron marcar dende fora da área en varias ocasións pero non estivemos nada afortunados de cara o gol, e fomonos o descanso con 0-0.
No segundo tempo máis do mesmo, eles atacaban e nos defendíamonos e facíamos contra ataques moi perigosos, nos derradeiros minutos estaba moi claro que como eles non marcaran, nos ibamos a meter gol nunha das moitas contras que facíamos por parte de Pampín, Cuiña, Beni, o Curri. Pero non foi así e no minuto 80, e xa non e unha disculpa perder nos derradeiros minutos de cada partido, o dianteiro deles vaise do noso defensa e de tiro raso bate polo primeiro pao a Nacho, nesa mesma xogada Cuiña e Curri poideron poñerse por diante,pero un xogador deles rechaza o balón fora da porta logo de darle o tiro nunha cacha.
Imposible xa a remontada, nos reventados polo esforzo, todo parecía terminado, ainda así o gol do empate poido chegar na seguinte xogada, corner que saca Beni e Dardo de forma pouco habitual de cabeza, remata un balón fácil fora da porta.
Ainda así, e co desanimo que xa tíñamos nunha perda de balón eles marcan en menos de cinco minutos o segundo gol e todo estaba acabado xa. 2-0.
En canto o árbitro, pois mal, bastante mal, axudoulle moito no primeiro tempo e tamen no segundo lle chegou ben, de todas formas nos poidemos gañar o partido, podese calificar de caserillo.
Un inciso, non sei como a algúns árbitros solo se lle permite que piten a veira da súa casa, eso pode dar lugar a arbitraxes moi dúbidosos.
Próximo partido contra os de Escarabote (Boiro) en Silleda, pendente de confirmar a hora, posiblemente as 4 da tarde.
Aupa River...........

No hay comentarios: