Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 7 de noviembre de 2011

Nova victoria en Outeiriño

O Sábado fixemos un desos partidos que se gañan por C......, por lucha e por confianza en nos mesmos e por compromiso de todo o equipo.
Enfrente estaba o Mirador de Padín (Ribeira), un equipo que ten un moi bo plantel, que xogan ben o futbol e que demostraron a súa posición na clasificación.
Nos saimos con moitas dúvidas, e eles dominaban o xogo e entraban polas bandas, sobre todo a banda dereita de forma constante e o seu gol non tardaría moito en chegar, o noso porteiro Nacho non pudo facer nada ante o dianteiro rival.
Ainda así, en lugar de achicarnos o seu tanto parece que nos dou forza, e Kurras no medio do campo, fixo mais presión sobre os seus centrocampistas, Beni asumeu o control do xogo de ataque, buscando combinar de forma axeitada con Pampin, e en defensa adiantamos as lineas e xogamos mais pegados o centro do campo.
E así chegaría o noso empate, con un disparo moi forte e colocado de Kurras dende fora da área, e logo chegaría o gol de Dardo que rematou un saque de esquina, moi protestado por Maril que pedía penalty, xa que despois de rebasar o porteiro o defensa rival debaixo da portería saca o balón coa man sin que o árbitro sinale nada.
E antes de irnos o descanso Pampín, que fixo un moi bo partido, marcaría o terceiro gol noso, parecía que o resultado estaba de cara, pero non as tiñamos todas conosco, vendo a calidade do equipo rival, 3-1 e o descanso.
No segundo tempo, eles tocaban ben o balón e nos levamos o partido de forma mais ou menos controlada, tan solo nunha ocasión Mariño saca o balón baixo os paos, pero as faltas o borde da área tiñan moito perigo, e así chagaría o gol deles. Botan unha falta e Beni no intento de despexar o balón engana o noso porteiro e desvía o balón fora do alcance de Nacho.
Ainda que solo faltaban 10 minutos, parecía que podían empatar o partido, e nos derradeiros minutos os dianteiros deles achucharon a noso portería, ainda que todo quedou sentenciado no minuto 5 do desconto, cando logo de unha contra Pampín leva o balón 45 metros e logo de regatear o defensa bate o porteiro sentenciando o partido, 4-2.
Resumindo, victoría épica a do sábado que nos da forza para seguir loitando nesta complicada liga e xa non estamos na posición de descenso tendo con un punto mais ca nos a 3 dos nosos rivais, esto xa se ve de outra maneira, ainda que para eso, temos que gañar tamen o próximo partido.  Aupa River............

P.D.. Próximo partido contra o P. Noya de Santiago en Outeiriño (Silleda).

No hay comentarios: