Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 14 de noviembre de 2011

Amarga derrota en Outeiriño

Pois si, o sábado pasado perdemos o primeiro partido no noso campo de Outeiriño contra un rival, O Pepe Noia, que en principio era asequible e que nos gañou coas nosas armas, loita e mais loita.
Saimos dominando o encontro de forma clara, eso sí o vento axudabamos, pero tardamos en marcar o primeiro gol, bonito remate de Cuiña, pero o dominio non se traducia en mais goles e así ibamos o descanso.
O árbitro fatal, e non o digo por perder, pero non sabe as reglas do xogo, e non ter personalidad pitando, enton pita o que lle dín, nefasto, eso si, parece que era sin malicia. Pois eso si, no primeiro temnpo pitounos fora de xogo nun saque de porta, e según él, esa xogada e sempre fora de xogo, xa lle mandaremos un fax a Agrupación de Veteranos para que informen deso os árbitros.
No segundo tempo o aire en vez de baixar oumentou e non fomos capaces de chegar a área rival, en principio os cambios non foron os axeitados, o equipo perdeu forza en defensa, eles atacaban a nosa portería e cando parecía que podíamos encaixar un gol, o árbitro saca un panalty da manga, porque o pitou logo de que o dianteiro titara a porta, o noso defensa non da frenado e leva o dianteiro o chan, pero a xogada xa rematara, penalty que marcan eles. E asi, transcurreu todo o segundo tempo, nos non somos capaces de tocar o balon, nin crear perigo e eles no minuto 38 marcan un gol olimpico, corner directo que se envenena co aire e entra na porteria sin que poidamos facer nada.
Xa non había nada que facer, cara de parvos, e o equipo vaise cos tres puntos, un duro golpe moral no noso equipo que xogaba con ganas os partidos da casa, esperemos que este sexa un accidente e polo menos no noso campo, loitemos para acadar os puntos.
Próxima saida, complicada co Rosalia de Padrón...Aupa River.


No hay comentarios: