Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





domingo, 10 de octubre de 2010

Manita del River al Automi Rec. Barbanza

Cuarto partido desta tempada e cuarta victoria consecutiva do River Silleda ante o Automi de Boiro. Neste caso os goles chegaron dende o comenzo do partido e ainda que solo nos primeiros vinte minutos dominamos claramente o partido, tácticamente non fomos capaces de facer un xogo controlado e combinativo, eso si efectivo cara o marca do equipo contrario.
Os quince minutos chegaría o primeiro gol nun remate moi duro de Nacho dende fora da área, imposible de deter para o porteiro contrario.
O segundo gol chegaría nun centro chut de Miguel Cuiña que se colaba polo pao largo da porteria contraria e o terceiro nun penalti que lanzou Javi Glez logo de un agarrón clarísimo do defensa contrario.
Así nos fomos o descanso, 3-0 e con ganas de xogar a segunda parte sin moito medo o equipo contrario que ainda que non lle perdera a cara o partido non estaba dando a sensación de remontar no marcador.
No segundo tempo o equipo de Boiro trataba de acurtar distancias pero o noso gol chegaba para sentencias as gañas do Automi, Miguel Cuiña marcaba o seu segundo gol e poñía un 4-0 no marcador, logo o partido non tivo moita mais istoria a non ser que Javi marcaría o 5-0 e eles tivero una ou duas ocasions en todo o partido detidas moi ben polo noso porteiro Chinchilla.
Noraboa a todo o equipo pola solvencia defensiva e a eficacia goleadora, unha manita neste partido que nos deixa coas boas sensacións de que este ano Outeiriño pode volver a ser un campo onde os rivais van a sufrir moito.
En canto ó arbitro, pois podemolo calificar de bo arbitraxe e sin incidencias no marcador.
Aupa River.............

No hay comentarios: