Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





viernes, 1 de febrero de 2013

Empezamos a segunda volta con triunfo

Empeza a segunda volta e visitanos o Tordoia, equipo que ala nos gañou 1-0 de penalty xa nos minutos finais do partido, pero aqui o noso equipo loitou moito e os 3 puntos quedaron na casa.
Saimos o campo con gañas, a recuperación de Luis Kurras dalle o equipo moita mais forza e empuxe no centro do campo, e ainda que o xogo foi moi equilibrado o partido a final gañamolo por "guevos", non somos mellores ca eles, e ainda que na clasificación temos moita diferenza nos dous partidos demostramos que somos un equipo moi parecido o Tordoia.
A defensa estivo acertada sobre todo no marcaxe o seu dianteiro centro, que é quen relamente marca os goles deste equipo, o medio do campo estivo moi repartido e Kurras fixose moi forte, e o noso gol chegaría con algo de sorte cando Julio fixo un centro chut dende a banda e o balón entra polo segundo pao da portería contraria, golazo e 1-0.
Logo chegaría o segundo gol que marcaría Abrahan, logo de tirar a porta ante o porteiro en dúas ocasións, tivo tamen un par de ocasions Nelson que non dou rematado.
O final un victoria importante para a moral do equipo e sorte o Tordoia que este ano poden acadar o ascenso de novo.

No hay comentarios: