Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





viernes, 1 de febrero de 2013

Derrota na Golada

Pois ese sábado presentámonos na Golada antes de tempo, para nós o seu delegado dixeranos que o partido era as 4 e non parece ser que era as 6, tampouco o entendemos moito porque as 4 non xogou ninguen, parece que o Golada é destes equipos que lles gusta facer xogar os rivais de noite. Esto non debería estar permitido pola Agrupación de Veteranos, alomenos cando o equipo dispón de campo para xogar.
Saidos con once xogadores solos, sin recambio na banda parecía que podía ser moi complicado vendo que o rival ten moitos mais puntos ca nós, pero tiveron que sudar para gañarnos e a boa fe que non o mereceron, un empate houbera sido o resultado mais xusto.
No primeiro tempo, nos dispuchemos de claras ocasions de gol, sobre todo por parte de Nelson que non tivo o día nada acertado, Julio Ferradas no medio do campo fixo unha excelente labor e na defensa cumpliron con creces, pero logo de fallar as ocasions de gol, chegaría una perda de balón noso, por no botar o balón fora e gol deles, asi nos fomos o descanso.
No segundo tempo pois mais ou menos o mesmo, eles nalgunhas ocasions empleanse con dureza sobre todos os dous centrales, e nos aguantando o que poidemos sin cambios, pero non houbo a posibilidade de empatar o partido, no segundo tempo destacar unha boa parada do noso porteiro Fernando.
Final 1-0 e como case que todolos partidos deste ano, nos vamos pa casa sin recompensa, de todas formas felicitar o equipo por as gañas e a loita demostrada no campo.

No hay comentarios: