Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 17 de octubre de 2011

Duro castigo en Calo ante o líder

O partido do sábado en Calo é para esquecer por todalas circunstancias que se deron. Non hai dúvida de que o Maderas Ramos ten un moi bo equipo pero e vergoñento o arbitraxe que sufrimos por parte do Sr. Montero, ojallá non volva a dirixirnos algún partido. Non pretendo buscar unha xustificación a abultada derrota do noso equipo nin moito menos, pero con un arbitraxe intimidatorio e chulesco, onde nin siquera nos podíamos dirixir a él, todo eso sacounos do partido e o que parecía un día para disfrutar do futbol convirteuse nun calvario.
Comenzou o partido con eles atacando e nos defendendonos ben e ordeadamente, eso duro mais ou menos 18 minutos, momento no que chega a segunda tarxeta amarela de Dardo e a súa explusión, antes xa mostrara o noso equipo 3 ou 4 tarxetas antes, estabase cebando con algúns dos nosos xogadores e ameazandon con expulsarnos a todos, intentamos tranquilizalo pero era imposible, seguía na súa.
Así chegaría o gol deles, nos con dez xogadores sobre o campo a eles eralle moito mais fácil atacarnos polas bandas sobre todo, e logo chegaría o segundo gol, o descanso fomonos con 2-0.
No segundo tempo, intentamos falar con el no vestiario pero foi imposible, non daba opción a falar nin a tranquilizalo, fora de sí cada vez que lle querías decir algo, ameazando os nosos xogadores constantemente.
Segundo tempo, logo das discunsions do descanso e polas ameazas a algún dos nosos xogadores, decidimos deixar a dous deles fora porque os iba a votar directamente, salimos con Fernando (porteiro suplente) adiante e afrontamos o segundo tempo intentando evitar as expulsións, e así chegarían os goles uns tras outros, un noso en propia meta e para rematala o Sr. Montero pitanos dous penaltis inexistente ou moi duvidosos nos derradeiros minutos do partido cando xa íbamos 7-0.
Resumindo, non sei que interes pode ter o Sr. Montero en favorecer o Maderas Ramos ou mais ben en machacar o River Silleda, pero dende logo este home non está para pitar hoxe en día nun campo de futbol.
E si él pode facer como dí, o que lle da a "puta gana" no terreo de xogo, tamen hai algo que se chama liberdade de opinión, e eu podo escribir o que eu vexo no terreo de xogo.
Neste caso tounos a nos, e de seguro que hai mais casos e houbos, pero alguen ou mellor dito todos, deberíamos facer algo por axudar a que estas cousas non pasen.
Dito todo esto, que sin dúvida é una caso puntual, todolos outros partidos os árbitros estiveron moi ben e sempre correctos co noso equipo.
Próximo partido, Recambios Arturo, vamos a pola primeira victoria.

No hay comentarios: