Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 24 de octubre de 2011

Chegou a Primeira Victoria.

Tivemos que esperar a sexta xornada para gañar o primeiro partido na División de Honra, tres derrotas e un empate era o feito asta o momento, ben e certo que xa nos enfrentamos a 3 dos "gallitos" da categoría (Mad. Ramos, Boqueixon e Rivadavia).
Empezamos o partido con Fernando Piñeiro de porteiro pola lesión do noso cancerbeiro titular Chinchilla, que esperemos se recupere o antes posible.
En principio o Rec. Arturo era un rival asequible, e así o demostrou durante o partido, nos saimos a xogar as nosas bazas, con Pampín na punta da dianteira. e sería él o que abría o marcador para nos, enfrenta o porteiro e bateo por unha banda. Todo iba mais ou menos ben asta que nunha xogada pola banda dereita, logo de unha perda de balón cometemos unha falta e o saque de falta, ainda que despacio e ben colocado entra pola nosa portería, empate 1-1.
A partires dese momento nos non encontrábamos o noso xogo e logo dun saque de falta rápido, penalty en contra nosa, o dianteiro emvía o balón fora, menos mal. E así nos fomos os vestiaríos con empate.
No segundo tempo dominamos mais o xogo e eles solo chegaban a balóns largos e aillados, creando algún apuro mais polos nervos que polo propio perigo das xogadas.
E así chegaría o noso segundo gol, logo de un pase de Roberto a Curras este manda o balón o fondo da porteria, 2-1.
E ainda noutra xogada mais preto do minuto 30, Curras volve a batir o porteiro rival de un tiro forte dende fora da área, 3-1 e xa solo era cousa de aguntar o resultado asta a conclusión do partido.
Esta semana, o árbitro pasou desapercibido, a pesares do penalty en contra, eso é unha boa noticia para nos, porque quere decir que fixo un bo arbitraxe.
Próximo partido en Dubra ante o B&B Fisioterapia, partido complicado pero nos tentaremos facer o noso xogo de contención e contra ataque....Aupa River.....

No hay comentarios: