Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 4 de abril de 2011

Veteranos de Compostela 1 - River Silleda 2

Nova victoria o sábado en Pazos (Padrón) ante o equipo de Veteranos de Compostela, equipo que ten un bo trato do balón pero tan escasos de xogadores, doce, os mesmos ca nos este sábado, a pesares de que Marcos si se presentou a xogar, ainda estando lesionado, dando exemplo do seu compromiso co equipo.
O partido comenzou de tanteo polas dúas partes e conforme iba pasando o tempo, nós íbamos creando mais ocasión de gol, e así nunha internada pola banda de David que xogaría de interior dereito, lanzaba un forte disparo que entraba na meta contraría. Logo nunha xogada de Javi Glez diante da área rival, este mandaba o balón o pao contrario facendo inútil a estirada do porteiro. Así nos íbamos o descanso.
No segundo tempo, pois casi o mesmo, solo que nós, con escasa motivación parece que nos dedicábamos mais a facer cousas imposibles que a ser efectivos e así deixamos que nos marcaran o gol deles, tiro dende un lateral por encima do porteiro que a pesares de tocala, entraba na portería. E así seguiría o encontro con algún apuro na nosa portería porque con un gol deles podíamos perder dous puntos.
Pis nada, a seguir sumando, para a semana recibimos o Rodeiro, partido complicado para nos pola rivalidade comarcal, e xa se podería dar o caso de conquerir o ascenso de categoría de forma matemática.
AUPA RIVER.............

No hay comentarios: