Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 25 de abril de 2011

Segunda derrota do River Silleda

O sábado perdimos o segundo partido desta liga ante o USC, un equipo que xa nos gustara moito na primeira volta empatando en Silleda e que nos gañou de forma clara, si ben e certo que ata a ultima xogada do partido poidemos empatar, pero non sería xusto de todo.
No primeiro tempo adiantaríanse eles nun erro defensivo con 0-1, e logo de un corner, Jose Luis acadaría o empate con un remate de cabeza, e mais tarde coa mesma xogada o árbitro do encontro anularianos un gol do mesmo xogador por empuxar o contrario, para nos foi gol claro, porque o forcexeo era polas dúas partes, eso poderíanos poñer por diante e as caousas poderían cambear, de todas formas o derradeiro cuarto do primeiro tempo, dominamos o xogo e parecía que o partido estaba controlado.
Pero non era asi, nin moito menos, no segundo tempo eles saíron moi fortes, e nos con 12 xogadores sobre o campo e un calor infernal as catro e media da tarde, non dábamos defendido os ataques rivais, e logo de varios erros por parte deles chegaría o 2-1, co que se acababa o partido, ainda así Lolo tería a derradeira ocasión de gol antes do pitido final.
Os tres puntos quedaron en Compostela, e as casualidades dos resultados fan que ainda sigamos o frente da clasificación empatados co Cuntis.
Próxima xornada contra o equipo de Melide, en Silleda.

No hay comentarios: