Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 7 de febrero de 2011

A pesares das baixas o River tamen gaña.

O sábado presentabase o Caneda Amio en Outeiriño con unha ameaza seria para o noso equipo, por un lado por son un equipo que podía poñerse a cinco puntos de nós e por outra debido as 5 baixas do equipo. Sobre o campo de Outeriño estaban Chinchilla, David Iglesias, David Vieitez, Lito, Luis Alvarez, Lolo, Nacho, Cuiña, Nardo, Manu Glez e Francis, logo aparecía Roberto.
Empezou o partido con nos defendendo un pouco mais atrás que de costume e deixando xogar o equipo rival para tentar sorprender en ataque, gardando folgos por si eles non se viñan a baixo.
Nun par de ocasión eles poideronse adiantar no marcador pero Chinchilla demostrou que por algo é o porteiro menos goleado da categoría.
Francís arriba metía un balón de ouro a Cuiña que este mandaba o poste cando xa el mesmo celebraba o gol, pero no poido ser, e con 0-0 ibamos os vestiarios.
No segundo tempo poñeríanse as cousas mellor e logo de un bo centro de Dardo, Manu Glez enviaba o balón o fondos das redes, todo parecía que se iba encauzando.
Continuou o partido polos mesmos derroteiros, nos defendendo un pouco mellor e tampando as xogadas do máximo goleador da categoría Chenel que podería sorprender en algunha das moitas faltas que fixemos o borde das bandas.
E sería José Luis Alvarez o que poñería a trnquilidade cando rematou de cabeza un corner sacado dende o lado dereito, 2-0 e a dormir o partido.
Resumindo os tres puntos quedaron en Outeiriño é para a seman xa temos a toda a xente disposta para o partido de Boiro, que será as 6 da tarde no campo de Vista Alegre.
Aupa River......

No hay comentarios: