Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 14 de febrero de 2011

Empate en Boiro ante o Barbanza.

O menos mal que nos poido pasar foi empatar ante o Barbanza o sábado pasado en Boiro, ainda que na derradeira xogada Javi Glez si chega a marcar gañaríamos o partido, o que tampouco houbera sido xusto.
Saimos dormidos os primeiros minutos, eles parecían o primeiro clasificado e nos o sexto pola cola da clasificación. Movían o balón con criterio e rapidez, nos lentos e desconcertados non dábamos crédito o que se nos estaba vindo encima e ainda que non tiraban a porta moito, entraban polas bandas de maneira perigosa. E así chegaría o gol deles, indose da defensa e batendo por baixo a Chinchilla, 0-1, e así mais ou menos continuamos ante o descanso.
No segundo tempo, mudarían as tornas e nos dominamos mais o xogo, sobretodo porque eles defendíanse atrás e parecía que o cansanzo facía mella neles, nos sin xogar ben mantiñamos o resultado sin variación, e nunha xogada aillada pola banda, marcarían o 0-2, parecía que todo estaba sentenciado a falta de 15 minutos, eles xa tiñan os tres puntos no bote.
Pero non tardamos en marcar, sería Cuiña o que remataría un balón o fondo da porteria, nese momento todos empezamos a pensar que o empate ou incluso a victoria era posible, e así chegaría o empate, golazo de Dardo, que aparece de forma providencial nos momentos mais apurados dos encontros.
Eles, seguían pedindo o final e na derradeira xogada Javi Glez enfrenta a defensa enviando o balón fora por case nada, menos mal que o gol non entrou senon o árbitro do encontro iba a ter un problema cos xogadores contrarios que non facían mais que pedir o final do encontro dende antes de cumplirse os minutos reglamentarios.
Resumindo, que seguimos sumando e como non parece que o Tordoia ande moito mellor que nos, seguimos o frente da clasificación con so UN PARTIDO PERDIDO en toda a liga.

No hay comentarios: