Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 10 de enero de 2011

Victoria ante o Outes e Campions de Inverno

O sábado terminouse a primeira volta do campionato da Primeira Divisíón A co noso equipo liderando a clasificación cos mesmos puntos que o Tordoia, una situación na que non esperábamos a esta altura da competición, con medio pé posto no ascenso si todo vai mais ou menos de unha maneira axeitada no resto do campionato.
Acadamos 38 puntos dos 45 posibles, só una derrota e dous empates, unhos bos números que non deixan dúvida do que é capaz de facer este equipo, que ainda que non somos o mellor da competición nin moito menos, si sabemos o que xogamos.
De todas formas, non vai a ser doada a segunda volta nin moito menos e teremos que loitar moito para acadar o ascenso que agora si que xa é o obxetivo a conquerir.
Pouco que decir do partido do sábado ante o Outes, 3 goles de Javi Gonzalez nun día moi acertado pola súa parte, e mal partido por parte do noso equipo que está a pasar problemas de xogo ultimamente, non somos capaces de artellar un xogo fluido e vistoso.
En canto o equipo contrario, si que amosou boas formas e sorprende que sea o colista da clasificación, ainda que en ataque sea un pouco romo.
Felicitacións a todolos integrantes do equipo e xa sabedes o sábado 29 de Xaneiro, cena de celebración no Campo do Picoto.
Aupa River....
P.D.: Sábado partido en Silleda ante o complicado equipo do Xallas.

No hay comentarios: