Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 24 de enero de 2011

Empate ante o Lalín.

Como era de supoñer o partido do sábado iba a ser un derbi, e como tal, un partido con loita, tensión, e gañas de non perder por parte de ningún dos equipos.
En lineas xerais, nos non fomos capaces de impoñer o noso xogo como fixeramos no partido da primeira volta en Silleda, polo que o partido foi un pouco aloucado, onde eles defendían ben e as contras e en balons largos eran perigosos, a nosa linea media e defensiva non estivo a altura das circunstancias e nalgúns momentos estivemos presionados polo seu dominio.
O partido comenzaba con un balón o pau de Javi Glez que logo de enfrentar o porteiro parecía que iba dentro pero non foi así, sen dúvida este gol poido cambiar o partido.
Eles pola súa parte tiveron un balon o poste e outra xogada clara de gol, nunha boa parada do noso porteiro Chinchilla que estirandose desvía o balón a corner.
Así chegamos o descanso, no segundo tempo ainda fixemos menos, o medio non podía enlazar coa dianteira, as  lineas estaban moi separadas e eles tentaban adiantarse no marcador, e así viría o gol deles, saque de porta, os nosos xogadores mais atentos o árbitraxe que o partido deixan correr o balón que chega a área e ali mediante unha parede meten o balón na portería, xarro de auga fría porque xa soio faltaba pouco mais de dez quince minutos para acabar o partido.
A partir de ahi, damonos de conta que o partido está perdido e empezamos a correr e a loitar os balóns con mais intensidade, e así chegaría o empate, logo dunha xogada de Javi, que eles acaban enviando o fondo das redes.
O final do partido, tangana provocada pola actitude do árbitro Ruibal, que acaba expulsando a Javi Glez logo de faltarlle el mesmo o respeto, e tarxetas amarelas para moitos xogadores, sendo Curras e Mariño expulsados por doble amonestación.
O mellor o resultado que parece xusto, ainda que as expulsións nosas van a pesar mais do debido, non se pode caer nas provocacións cando non levan a nada mais que a tarxetas innecesarias.
Seguimos unha xornada mais, na cabeza da clasificación, para a semana, temos partido de Copa contra o Redesil Abanqueiro e logo a noite cea......

No hay comentarios: