Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 27 de septiembre de 2010

Victoria no partido da rivalidade do Lalín

Segundo partido desta tempada, e victoria moi importante ante o noso rival veciño, o Lalín que este ano foi mais doado que noutros anos.
O lalín e un equipo moi compricado de gañarlle e ainda que ainda non estrearon o seu casilleiro de puntos nos dous partidos que levamos de liga, seguro que van a estar ahi arriba o final da tempada, ou polo menos van a salvar a categoría, porque teñen xente no equipo que xogaron o futbol e saben de que vai esto.
Resumindo o partido, decir que a pesares de que dominamos unha boa parte do partido, sobre todo no centro do campo, as ocasions de gol non se concretaban, e Cuiña desperdiciaba unha no primeiro tempo, eles pola súa parte tiveron unha de galego que lle regalamos nos, nun erro defensivo polo centro da defensa entre Lito e Luis, que errou Galego.
Ainda así parecía que podíamos gañar o partido, a pesares de que nos fomos o descanso co empate no marcador.
Na segunda mitade chegaría o noso gol de Javi o que nos daría algo mais de tranquilidade y nalgunhos momentos tocouse ben o balón no centro do campo, ainda que en ataque o derradeiro pase non salía con perigo.
Cando faltaban quince minutos para acabar o partido o Lalín veuse arriba e tivemos un pouco presionados, sobre todo polos centros que facía Montoto sobre a nosa área, parecía que nos podían empatar o partido. E no tempo de desconto, co noso equipo pedindo a hora chegaría o segundo gol de Javi, que poñía a puntilla o partido e setenciaba a nosa victoria.
E o Lalín soupo recoñecer a nosa victoria, o terceiro tempo no Bar Trujillo así o facía sentir, con amizade entre os dous equipos, espero que nos esteamos a altura deles cando nos toque perder contra eles....Aupa River.

No hay comentarios: