Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 20 de septiembre de 2010

Debut con Victoria en Terras de Xallas

O sábado comenzamos a liga en Mazaricos contra o equipo de Terra de Xallas, e comenzamos con bo pé na volta a Primeira División A acadando os tres puntos en xogo.
O equipo salía cos xogadores que aparecen na foto da portada, Chincilla, Juan Nercellas, David Vieites, David Iglesias, Luis, Lito, Cuiña, Kurras, Nacho, Beni, Mariño, Maril e Javi, con Juan Peña no banquillo.
Campo de herba sintético en excelentes condicions, solo o forte vento en contra no primeiro tempo, nos puxo as cousas un pouco complicadas. Costábanos moito sacar o balón xogado dende atrás, e nas pérdidas cometemos moitas faltas o borde da área, que nos poideron ocasionar algún gol en contra. A medida que iba avanzando o encontro, o equipo atopábase mellor sobre o cesped e triangulabamos mellor o balón, e así chegarían unha ou duas ocasions de Cuiña e mesmo de Javi, de todas formas con 0-0 fómonos o descanso, que para nós visto o xogo non era mal resultado.
No segundo tempo, cambiou completamente o partido, dominamos a parcela ancha do campo, e as ocasións frente a área local ibánse sucendendo. Nunha falta Luis Kurras e logo Juan Nercellas de rechaze estiveron a punto de facer o gol, que non tardaría moito en chegar de falta sacada directamente por Kurras por toda escuadra dereita do equipo contrario.
Eles intentarón acadar o empate pero as chegadas non eran moi claras, ainda que todo podía suceder, dado que Chinchilla estaba lesionado, e Javi Gonzalez xa levaba mais de media hora fora do terreo de xogo debido a recaida dunha lesión.
O final, os tres puntos para Silleda nun campo complicado de acadalos, a actuación árbitral estivo bastante ben, un chisco caseira, sobre todo coas maneiras de algún deles e o penalti a Maril que quedaou recibeu una entrada na área de libro, de todas formas aprobado alto para Codesido.
O próximo partido contra o Lalín, rival complicado pola rivalidade entre os dous equipos.....Aupa River....

No hay comentarios: