Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 15 de marzo de 2010

River Silleda 0 - Sigueiro 2

Primeira derrota no noso campo esta tempada na Primeira B, neste caso ante un rival que demostrou saber xogar, os seus xogadores mostraron saber estar no campo e aguantar o marcador a favor, logo de adiantarse nun gol de rebote e de meter o segundo con un bo tiro dende fora da área.
Nos non fomos quen de marcar en todo o segundo tempo, e as ocasions tampouco foron moitas, ainda que algunhas si poideron entrar.
Nos derradeiros partidos estamos a notar que ó equipo non está nun bo momento, os empates anteriores así o demostraban e apesares de que éramos 15 xogadores no campo, non poidemos acadar nin siquera o empate.
Asi que, o Sigueiro sacounos os 4 puntos dos 6 en xogo, e ainda que vai no medio da taboa, parecenos un equipo ordeado e ben situado no campo.
Próximo partido en Airiños contra o Momo San Pedro, temos que pensar que esto foi un accidente e que temos que gañar en Airiños o día 27 de Marzo.

P.D.: O día 20 non hai partidos de liga.

AUPA RIVER.............................

No hay comentarios: