Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 29 de marzo de 2010

Momo San Pedro 1 - River Silleda 3

O sábado xogamos en Airiños un partido onde non tiñamos nada que gañar e moito que perder. Porque si chegamos a perder ese partido, entón a cousa podería empezar a complicarse moito. E así empezou o partido, eles sin facer moito, estaban a crearnos problemas en saidas o contrataque debido sobre todo as perdas de balón do noso equipo. Adiante a Javi estabanlle pitando todo-los fora de xogo e nós tampouco marcábamos, e nunha xogada rara, David empurra o dianteiro deles xeñalandonos penalty, e poñémonos 1-0.
Antes deso o árbitro pitounos un fora de xogo nun saque de porta, onde Javi xa encaraba o porteiro para batilo, os árbitros deberían repasar o regulamento pa non ter eses fallos.
No segundo tempo salímos a por eles, non podía ser de outra maneira e con unha moi boa actuación de Benigno sobre todo, que marcou dous goles dende fora da área e centrou outro, demoslle a volta o marcador e xa non tivo moita mais istoria este partido.
Próximo partido contra o Presidencia, un equipo que nos dera moito traballo na casa, e que esta seman gañou o Sigueiro polo que vai a ser un partido moi difícil no campo de Calo.
Aupa River.......

No hay comentarios: