Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





martes, 25 de noviembre de 2008

River Silleda 1 - Mirador de Padin 4

Menudo repaso nos dou este equipo, incluso en división de Honra temos levado repasos como este, salvo un par de excepcions.
Non hai nada que decir, si fose fai un par de anos podíamoslle facer frente, nestes momentos, e coas baixas que temas, nada solo aplaudirlles e desexarlles moi sorte porque este equipo para o ano que ven xoga seguro en división de Honra.
E nos a esperar e que este parón fai que recuperemos polo menos a Vinseiro e a moral do equipo que está bastante tocada coas derradeiras derrotas, de todas formas eu son dos que digo que ainda non está nada perdido e o seguinte partido co Bertamirans debíamolo gañar, e despois a seguir loitando, si facemos 9 puntos nos 5 partidos de liga que faltan para acabar a primeira volta, estaremos no bo camiño, acadar 16 faría que estemos ahi con opcions a xogar si o medo do descenso.
Forza River.....

domingo, 16 de noviembre de 2008

River Silleda 0 - A. Salgueiro Touro 2

Volvemos as andadas, está claro que este ano pàrece que vai tocar sufrir. Nos temos finalización e de nada vale dominar os partidos, ainda que a defensa parece que non está mal, non somos capaces de facer gol e o equipo contrario, dous tiros a gol e dosu goles, e o demais son contos. Non estivemos ben, pero tampouco mal, con 0-0 o descanso e no minuto 9, gol de falta sacada rápido polo equipo contrario que nos sorprende sin dar tempo a colocarnos, fallo de alevines, pero gol que condicionou todo o partido, logo segundo gol mp minuto 30 e pico, golazo que lle sale dende fora da area en cuchara, non pode facer nada o noso porteiro.
Pois nada, que cando pensabamos que podíamos acadar os tres puntos, nada, o volvemos caer o 4 puesto pola cola si ben e certo que ainda estamos a 3 puntos do 5º clasificado, o sábado temos un partido moi complicado co Mirador de Padín. A ver si de una vez por todas podemos recuperar os dianteriros que nos faltan senon esto ponse moi feo.

lunes, 10 de noviembre de 2008

River Silleda 3 - Kirs Cerveceria Boiro 0

Volvemos a vellos tempos, menos mal que todo parece volver o seu cauce e os triunfos chegan de novo a Outeiriño para o River.
O partido non pintaba nada ben, as baixas anteriores de Vinseiro, Ojea, tiñamos que añadir a de Pauli por traballo, Sito por mudanzas, Orza por cursillos, solo podíamos recuperar a Cuiña que xogou lesionado para facer un punto, e a boa fe que o fixo, porque marcou o segundo gol do partido, un golazo de tiro fora da area en parábola.
O rival solo había perdido un partido, e contra o todopoderoso Hnos Couto Boqueixon polo que non era un rival doado dadas as circunstancias anteriores.
Pero logo de un comenzo titubeante, fallos de concentración na salida como sempre sin quentar, una polos partidos dos benxamins e outra porque estamos mal afeitos xa. O partido foi en lineas xerais más doado do normal, e menos nunha xogada que poido ser o empate, logo co 2-0 todo foi mais fácil e os tres puntos quendaron en Outeiriño.
Duas victorias seguidas e seis puntos fan que ascendamos postos na taboa e agora temos o A. Salgueiro de Touro que vendrá a tentar acadar algo positivo en Silleda. Parece que este ano os resultados non os acompañan ainda que a victoria que teñen no seu casilleiro foi acadada contra o Hnos Couto, en principio é un rival asequible, ainda que non se ven as diferenzas entre os de arriba e os de abaixo da taboa, polo menos de momento.

jueves, 6 de noviembre de 2008

Partido Sábado as 4 e media en Outeiriño

O próximo partido contra o Kirs Xamoneria (antes Oasis Boiro) celébrase o próximo día 8 de novembro as 4 e media da tarde en Outeiriño.
A ver si chegamos media hora antes, non estaría mal. Quedades avisados.

domingo, 2 de noviembre de 2008

River Silleda 2- A.Cancela tordoia 1

Por fin, a primeira victoria da liga chegou a Outeiriño, non sin sufrimento, pero os tres puntos suben o noso taboeiro, que é do que se trata. Nin fixemos o mellor partido da liga nin moito menos, pero e certo que fomos gañando 1-0 todo o partido e no minuto 90 igualanos o equipo contrario outra vez mais de falta, menos mal que logo do saque de centro, o noso equipo consigue volver a marcar e todo quedou nun susto. De non acadar os tres puntos o situación poñíase moi complicada para nos, agora temos outro rival complicado o próximo sábado, pero si vamos recuperando os xogadores lesionados todo será mais doado.
Próximo sábado partido contra o Kirs Oasis Boiro, equipo que figura con 10 puntos na liga polo que non vai a ser doado derrotalos en outeiriño ainda que vamos a por eles........