Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 6 de mayo de 2013

Victoria do River Silleda ante o Kubos Lalin e mantemonos na 1ª Division A

O sábado pasado xogamos un partido que non solo era de revalidade contra un equipo da comarca, senon que ademais de conquerir a victoria casi nos aseguraba a permanecia na categoría para o próximo ano na primeira división.
O partido tíñase que disputar en Bandeira debido o campionato de futbol de categorías inferiores que se celebraba ese día en Silleda.
O campo de Bandeira podía ser un atranco a superar debido a que xa non estamos afeitos a xogar na terra, ainda que o campo estaba en boas condicións, sacando un pouco de polvo que se levantaba.
Saimos pois, enganchados o partido, e ainda que o xogo que facíamos non era de todo bo, o rival tampouco amosaba nada de perigo na nosa portería, e así chegarían os dous goles de Beni. O primiero nunha falta indirecta que toca Kurras a Beni e este marca.
O segundo nun disparo de Beni dende fora da área, eles chegaban en escasas ocasións, e certo que o seu porteiro era un xogador de campo.
No segundo tempo, nos xa demos todo por feito e saímos fríos e sen moitas gañas, eles empezaron a dominar e víase que podía chegar o seu primeiro gol, e así sería, 2-1.
Logo volvemos a anivelar o partido e Beni tivo outra ocasión con un tiro de falta directa a escuadra, pero non entrou, e nos derradeiros minutos eles empuxaron mais sobre a nosa portería, dado a trascendencia do resultado, os nervios fixeron que sufriramos un pouco mais do debido, pero o final 2-1.
E dado os resultados da xornada, tanto o Barbanza como o Tourline de Boiro perderon polo que nos aseguramos o manter a categoría para o ano que ven.
Hoxe aparece a clasificación oficial na páxina da Agrupación, e vemos que o Sp. Puebla aparece con 6 puntos menos na clasificación por non presentarse contra o Bergantiños polo que incluiso subimos un posto na clasificación e o Barbanza ainda ten posibilidades de conquerir a salvación na categoría.
Logo da pésima primeira volta onde solo fixemos 8 puntos, duas victorias e dous empates, todo parecía que este ano, a pesar de que o xogo non o merecía, non éramos capaces de manter a categoría. Logo desta fantástica segunda volta, onde solo perdemos 3 partidos de momento e facer 26 puntos nesta segunda volta, salvarse a falta de 2 xornadas parece incleible, pero fai xustiza de un equipo que creía na salvación ainda perdendo partidos como perdemos de maneira incomprensible.
Agora quedan dous partidos para disfrutar e logo teremos que acudir a romería da pascuilla para honrar a súa patroa que algo debeu de cambiar neste equipo dende que o noso adestrador a levaba no bolsillo.
Noraboa a todolos xogadores e amigos que nos apoiaron nesta deficil tempada. Aupa River!!!!!!.

No hay comentarios: