Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 23 de mayo de 2011

Victoria en Outes e Campionato de Primeira A

Derradeiro partido en Outes o sábado pasado, solo tíñamos que acadar un punto para facernos co compionato de Liga, e como todo parecía lóxico viñemonos cos tres puntos.
Moi pouco que decir de un partido no que eles opuxeron resistencia o principio pero que que nós resolvemos sin moitas dificultades, sobre todo polo bo facer na dianteira de Manuel Glez que traía a defensa contraria de cabeza. Ben o equipo en lineas xerais, o final 0- 2.
A noite cea do equipo e a disfrutar deste campionato, o segundo para nós, que non e fácil conseguilo, temos que valorar que os nosos rivais, Cuntis e Tordoia sobre todo puxeronnolo moi complicado, de todas formas para eles a noraboa e para o ano, xunto co Universidade de Santiago, vemonos de novo na División de Honra.
Noraboa a todoslos xogadores, todos foron importantes para conseguilo campionato. RIVER SILLEDA CAMPION DE LIGA PRIMEIRA DIVISION A.

lunes, 16 de mayo de 2011

River Silleda 1 - Bertamirans 0

Derradeiro partido do River en Outeiriño (Silleda) desta liga, na que parece que non se nos debe escapar o título de campións, ainda que como dí o refrán "asta o rabo todo e toro", e xa solo nos queda un partido en Serra de Outes, que ainda que é o pechacancelas da categoría, non nos vamos a fíar.
O Bertamirans, un equipo que está agora mesmo en posición de descenso dounos moito traballo sobre o terreo de xogo, e en moitos momentos parecía que podían empatar o partido ainda que nos non estabamos motivados como para sentenciar o encontro e todo foi moi perigoso ata o final.
Empezou o partido pola nosa parte cedento o rival o terreo de xogo, eles con un bo dominio da pelota facía que nos estiveramos encerrados e ainda que as salidas a contra creabamos perigo non fomos capaces de marcar asta que Mariño marca un gol directo de corner, pode que coa axuda do vento, e así fomos o descanso 1-0.
No segundo tempo tampouco tivemos o balón e ainda que fixemos ocasións para marcar o segundo gol, eles tamen fixeron algunha ocasión para empatar o partido, os minutos facíanse longos e non as tiñamos todas con nosco asta o pitido final.
Xa que o noso rival na clasificación, o Cuntis empatou en Chaian, agora solo con un empate en Outes podemos cantar o alirón, habera cea de fin da tempada e as ceas saben mellor coa victoria.
Próximo partido en Serra de Outes, campo de herba sintético, cesped novo de derradeira xeneración, unha alfombra onde teremos que gañar e traer o campionato para Silleda.
Por certo que sería o segundo campionato de Primeira División A que acadamos na nosa recente istoria de 8 anos na Agrupación de Santiago.

P.D.: Ahhh....e felicitacións o River Silleda que en futbol Sala gañou a liga de Silleda e pode que tamen a copa, no equipo solo tiñamos o reforzo de Alex e o porteiro, e sendo contra xente de pouco mais de viente anos, ainda ten mais valor....Aupa River.!!!!!!

lunes, 9 de mayo de 2011

Ser Campeóns de Primeira A solo depende de nós.

Pois si, somos donos do noso futuro, si gañamos os dous partidos que faltan seremos o campión de este ano da Primeira división A, ainda que xa o fomos fai 4 anos, sería unha bagoa deixalo escapar agora que está ahi a tiro de pedra, pero que tampouco vai a ser doado, porque o próximo rival vai a vir a Silleda coa necesidade da salvación e eso podeo complicar todo.
O sabado empatamos en Cuntis nun partido moi disputado e con moita tensión, onde eles puxeron todo e a punto estiveron de levarse os tres puntos, ainda que o remate do partido acabou en empate.
Saimos a disputar o partido coas baixas de tres defensas, David Iglesias, David Vieitez e Marcos e coa lesión de Mariño que veu o partido dende a banda.
No banquillo Francis supleu a baixa do noso adestrador Juan que por motivos persoais e moi o seu pesar non podía estar no sentado no banco, o de sentado e un decir, porque sempre está de pé e dando caña......
O campo de Cuntis, un campazo de herba natural pero grande como un mundo e si lle suimamos o vento que facía o día do partido fixo que o fose moi complicado xogar nesas condicións. Saimos nos co aire a favor, con Javier en punta é esperando o que poidera pasar, eles con xogadores moi rápidos saían a contra e creaban perigo na nosa portería de forma doada, ainda así Dardo non acertaba un rexeite diante do porteiro votando o balón fora, ahi tivemos unha boa oportunidad. Pero o noso gol chegaría nunha falta non moi lonxe da área que transformaría de forma maxistral con tiro a media altura e moi forte Beni, como eses goles que metía no Enredo de Futbol Sa da Estrada.
Eles seguían creando perigo polas bandas e polo centro, pero nós outra vez a balón parado e de corner sacado moi ben por Manuel Glez, remataría Jose Luis Alvarez que se está convertindo nestes derradeiros partidos nun goleador decisivo, e así cando todo parecía que xa estaba para irse o descanso con 0-2 chegaría o gol deles, entrada pola banda, centro e para o balón Chinchilla, que queda solto e ningún defensa chega a despexar, marcando eles o 1-2, e os vestiarios.
No segundo tempo, sabíamos que íamos a pasalo mal, o vento e o rival iban a crearnos moitos problemos, e así foi mais ou menos, con linea de cinco defendemos o resultado ata que noutro centro pola súa banda izquierda acadan o empate, 2-2.
Tentamos reponerños porque ainda que non creaban tanto perigo como o primeiro tempo, estaban moi encima noso, e chegaría a nosa ocasión, Javi vaise dos defensas e envía o balón o pau contrario rebasando o porteiro, pero cando el xa cantaba gol o balón foise desplazando polo vento ata sair fora da porta, todo seguía igual, unyha magoa para nos.
O final empate 2-2 e como o gol average particular nos favorece seguimos primeiro ainda que empatados a puntos con eles.
Próximo partimo en Silleda contra o Bertamirans.... AUPA RIVER.....

lunes, 2 de mayo de 2011

Tiñamos que gañar o Melide

Sábado estabamos mentalizados de que tiñamos que facer un esforzo mais para gañar o partido e non perder o liderato, neste caso ante o equipo de Melide que xa nos dera un disgusto na primeira volta, non parecía un rival doado a pesar da posición da clasificación.
E así foi, partido moi complicado para nos, onde eles se empregaban con dureza e o árbitro deixaba ese xogo, pola nosa parte entraba o efecto rebote e tamen nos facíamos faltas o borde da área, onde eles non marcaron pola boisima actuación que tivo baixo os paos Manuel Gonzalez.
E logo de algunhas ocasións por ambas partes chegaría o noso gol, gol de Francis qeu estreaba o seu casilleiro e que nos levaba os vestiarios co resultado o noso favor de 1-0.
No segundo tempo, todo mais ou menos o mesmo, eles baixaron un pouco a intensidade e nos fomonos repoñendo no xogo, sobre todo tivemos varias ocasions nos momentos que Beni facía circular o balón con criterio.
De todas formas o segundo gol, fixose esperar e pouco antes de acabar o partido Javi Gonzalez marcaría o 2-0 para nos, e logo si que eles se viñeron mais a baixo e poideran levar algún tanto mais.
O Melivet, un equipo que se nos da moi mal, puxo moita loita e forza e meteunos en apuros  durante todo o partido.
Próxima semana vamos a Cuntis, equipo que vai empatado a puntos con nos na clasificación, a ver si somos capaces de facer un bo partido e sacar alomenos un empate que nos mantería ao frente da clasificación a só falta de duas xornadas.
AUPA RIVER......