Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 16 de mayo de 2011

River Silleda 1 - Bertamirans 0

Derradeiro partido do River en Outeiriño (Silleda) desta liga, na que parece que non se nos debe escapar o título de campións, ainda que como dí o refrán "asta o rabo todo e toro", e xa solo nos queda un partido en Serra de Outes, que ainda que é o pechacancelas da categoría, non nos vamos a fíar.
O Bertamirans, un equipo que está agora mesmo en posición de descenso dounos moito traballo sobre o terreo de xogo, e en moitos momentos parecía que podían empatar o partido ainda que nos non estabamos motivados como para sentenciar o encontro e todo foi moi perigoso ata o final.
Empezou o partido pola nosa parte cedento o rival o terreo de xogo, eles con un bo dominio da pelota facía que nos estiveramos encerrados e ainda que as salidas a contra creabamos perigo non fomos capaces de marcar asta que Mariño marca un gol directo de corner, pode que coa axuda do vento, e así fomos o descanso 1-0.
No segundo tempo tampouco tivemos o balón e ainda que fixemos ocasións para marcar o segundo gol, eles tamen fixeron algunha ocasión para empatar o partido, os minutos facíanse longos e non as tiñamos todas con nosco asta o pitido final.
Xa que o noso rival na clasificación, o Cuntis empatou en Chaian, agora solo con un empate en Outes podemos cantar o alirón, habera cea de fin da tempada e as ceas saben mellor coa victoria.
Próximo partido en Serra de Outes, campo de herba sintético, cesped novo de derradeira xeneración, unha alfombra onde teremos que gañar e traer o campionato para Silleda.
Por certo que sería o segundo campionato de Primeira División A que acadamos na nosa recente istoria de 8 anos na Agrupación de Santiago.

P.D.: Ahhh....e felicitacións o River Silleda que en futbol Sala gañou a liga de Silleda e pode que tamen a copa, no equipo solo tiñamos o reforzo de Alex e o porteiro, e sendo contra xente de pouco mais de viente anos, ainda ten mais valor....Aupa River.!!!!!!

No hay comentarios: