Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





domingo, 12 de diciembre de 2010

River Silleda 3 - Cuntis Vet. 1

Tarde soleada, temperatua ideal para xogar a futbol, enfrente o Cuntis, un equipo que leva anos demostrando que é un dos grandes dentro da Agrupación de Veteranos de Santiago.
Polo noso equipo parece que esta semana o equipo rival motivaba a participación, así sobre o terreo de xogo contábamos só coas baixas de Francis por lesión, David Vieitez por motivos familiares e Maril por motivos laborais.
O partido non foi tan doado como parece no resultado, de feito o equipo contrario adiantouse no marcador e acabou o primeiro tempo gañando 0-1, gol de penalty. Pola nosa parte atacabamos a porteria rival creando perigo nos saques de esquina, pero eles o contraataque demostraban que podían facernos moito dano pola verticalidade do seu xogo.
No segundo tempo mudaron as tornas, por varios motivos, por un lado, eles con un xogador menos tiñan mais dificultades para defenderse e logo de varias ocasións chegaría o noso gol do empate, Javi Glez facía o empate.
Eles seguían defendendose como podían, pero logo chegaron as lesión do equipo contrario e o noso gol víase vir de un momento a outro, Lolo dende fora da área facía ó 2-1.
Eles con nove xogadores aguntaban como podían e nun  despiste do porteiro Javi aproveitaba un balón solto e o terceiro subía o marcador.
En líneas xerais o Cuntis é un bo equipo e solo o Tordoia demostrou mais, se non fose pola corta plantilla que presentou o sábado en Silleda, podía levarse algún dos puntos en xogo.
Sábado visita a Bertamirans e damos por terminada a competición para este ano, si gañamos será un bo ano para o River Silleda..... Aupa River......

No hay comentarios: