Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





miércoles, 2 de junio de 2010

Climatras Esteiro 1 - River Silleda 7

O sábado xogamos en Serra de Outes, con un campo en excelentes condicións, un partido que ainda que non parecía difícil, podería selo en caso de perder.
Saimos o campo con dez xogadores porque Jose Luis Alvarez non se atopaba recuperado das súas molestias, en principio parecía que tiñamos que ter coidado e polo tanot planteamos un partido replegado atrás en con salidas rápidas o contra ataque.
E así foi, eles desinflados moralmente foron víctimas nos nosos ataques, tanto de Cuiña como de Elías, e así Javi Gonzalez iba metendo os goles, un tras de outro, algún de moi boas maneiras.
Solo un penalti inexistente señalado polo árbitro, cando o partido iba 0-2 pudo meternos algo de medo, pero despois demostrouse que non era para tanto.
No segundo tempo seguimos coa mesma tónica e incluso antes do tempo reglamentario o árbitro dou por finalizado o mesmo.
Sin más que contar, agora solo nos falta un punto para concerir o ascenso, ó próximo mercores xogamos contra o Touro, un equipo que ainda ten opcions de ascenso e que seguro nos vai poñer as cousas moi complicadas dadas as lesións e baixas do noso equipo.
Aupa River....

No hay comentarios: