Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 25 de enero de 2010

River Silleda 4 - Carpinteria Vazquez Vilela 1

E acabouse a primeira volta con victoria en Outeiriño ante un floxo rival que pouco nos chegou a inquedar a pesares do medo que tiñamos a deixarnos algún punto tonto nestes partidos onde non gañas nada e podes perder unha liga ou un ascenso.
Con tres goles no primeiro tempo, xa non deixamos lugar a sorpresa e ainda que os cambios do segundo tempo non serviron para mellorar si para marcar outro gol e manter o resultado, quedando o final un 4-1.
Pola nosa parte, estivo ben o porteiro que ademais de parar o penalti tivo unha boa actuación sobre todo nos balóns aéreos que é onde mais duvida as veces, estivo seguro e fixo un bo partido.
Pois, nada, agora xornada de descanso e logo empeza a primeira volta contra o Kubos Cercio, equipo que nos ten moitas gañas pola rivalidade o ser un equipo da nosa zona.
De conquerir os 33 puntos da primeira volta seguro que acabamos nesta segunda posición e o subcampeonato estaría asegurado. O primeiro posto está casi perdido ainda que de gañarlle en Silleda tal como debemos, poñeríamonos a 5 puntos deles.
De todas formas, o obxetivo é ascender e tampouco sería moi importante a posición final, de todas formas temos que ir con tino porque pode torcerse calquer cousa, lesions, expulsións, etc.
Aupa River......

No hay comentarios: