Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 23 de noviembre de 2009

Portosin Sigrami 3 - River Silleda 4

Cuarta victoria consecutiva nesta liga, a visita a Nebra (Portosin) campo embarrado e con charcos daríanos una alegría o acadar os tres puntos da contienda nun partido un pouco raro que nos poideron empatar ainda que merecemos a victoria sin dúvida algunha.
Saimos o campo coas baixas por lesión de Mariño e Nacho e Manolo Fidalgo, e as novas incorporacións do medio centro, empezou o partido co vento en contra e costa arriba, o equipo contario atacaba con balons largos e colgados sobre o noso porteiro Fernando que se atopaba un pouco inseguro nese barrizal., ainda así faría unha boa parada a bocaxarro dun xogador contrario. Pero pronto chegaría o 0-1 obra de Javi Gonzalez que logo de marrar un par de ocasions daría co balon no fondo das redes rivais. Seguimo coa mesma tónica e chegaríanos o 0-2 nunha xogada similar, o equipo contrario tentaba sacar obalón controlado dende atrás e perdía o que daba lugar as nosas ocasions claras de gol.
Fomonos o descanso co 0-2 pero o partido ainda non estaba pechado, podía chegar a reacción do equipo local en calquer momento e a eso tíñamoslle moito respeto. Nada mais sair o campo marcamos o 0-3 e agora si parecía que o partido estaba sentenciado, pero non, o pouco tempo un fallo de despexe da defensa costaríanos o 1-3 e logo o 2-3 en cinco minutos o que metía o equipo contario no partido con moito tempo por disputar.
Menos mal, que noutra xogada nosa acadamos o 2-4 e todo parecía que podía ser definitivo dadoq ue o equipo contrario baixaría a presión e todo foi transcurrindo por eses derroteiros hasta que o árbitro empezou a cosernos a faltas o borde da área o que daba forza o equipo contrario, e claro chegaría o 3-4 faltando 15 minutos nun fallo polo centro da defensa nun despexe defectuoso dos centrais. Eso complicou o partido, dado que tanto Javi Gonzalez como David Vieites estaba xa fora do partido lesionados, José lesionouse antes de entrar o campo e Lito renqueaba por mor dun nocello.
Eles tiverón duas oportunidades para empatar o partido, nunha delas Lolo sacou o balón cando iba a entra na portería e noutra tiraron o balón tan cruzado que non chegou a entrar. E como o árbitro xa non podía darlles mais oportunidades, deu por finalizado o partido e os tres punto viñeron para Silleda.
O problema temolo pa seman, menos mal que é un partido de copa, coas baixas de José, David, Manolo Fidalgo, Lito e Javi Gonzalez e coas dúvidas ainda tamen por lesiónd e Mariño e Nacho, todo parece indicar que non vamos a poder disputar o encontro a non ser que saíamos con 8 xogadores o terreo de xogo.
Aupa River.....

lunes, 16 de noviembre de 2009

River Silleda 3 - Irmandade 0

Por fin encadeamos tres partidos seguidos gañando, logo de oito partidos xogados podemos decir que o equipo está no bo camiño, gañando os partidos da casa sin moita dificultade e acadando puntos fora, todo perfecto salvo o desastre do Pino, onde perdemos con todalas da lei.
Visita do conxunto de Irmandade, na que xoga o presentador da Tv galega Terio Carrera, que amosou bo toque do balón. O equipo contrario foi limpo no xogo e para nos non foi dificil ir pouco a pouco minando as suas ansias goleadoras. Con 2-0 fomos o descanso, goles de Javi e Nacho. No segundo tempo salimos mais relaxados e logo do terceiro gol marcado por Javi, tomamos o partido de outra maneira, a pasar os minutos e dar tempo os xogadores que menos participan ainda que con solo dous cambios pouco podemos variar o equipo.
Para a semana partido importante en Porto do Son contra o Portosin, parece un equipo que vai moi ben na liga e que nos pode complicar moito as cousas, sería importante puntuar ainda que gañando na casa, os partidos de fora podemos xogalos con mais tranquilidade.
Aupa River...vamos ben.....

lunes, 9 de noviembre de 2009

River Silleda 3 - Consellería Presidencia 1

Segunda victoria consecutiva do noso equipo nesta tempada, ante o Consellería da Presidencia, un equipo que ainda que xogaba limpo, menos o xogador nº. 27, é un equipo de forza física que nos costou bastante doblegar.
No primeiro tempo, partido igualado onde fomos o descanso con 1-0. No segundo periodo logo de poñernos 2-0, confiamonos un pouco e eles acadarían un gol que nos puxo nerviosos e que nos pudo supoñer o empate. Logo o final do partido Javi Gonzalez conseguiría o terceiro, segundo do partido na sua conta particular, o que nos daría a tranquilidade para acabar o partido e os tres puntos en xogo.
O equipo estivo ben por momentos ainda que mesmo en defensa tivemos algunhas dúvidas a hora de controlar ou xogar o balón, o campo estaba moi rápido e eso facía difícil precisar os pases.
Nada, xa temos que pensar que estamos no camiño, terceiros na taboa e o próximo rival ó Irmandade visitará Outeiriño, tampouco vai a ser un partido fácil, pero si acadamos a victoria poñeríamonos nunha boa posición na taboa.
Aupa River....

domingo, 1 de noviembre de 2009

River Silleda 3 - Pub Momo San Pedro 0

Victoria merecida deo noso equipo este sábado ante o colista da tabla, que ainda que tampouco demostrou moito non se dou o partido por perdido en ningun momento.
Neste caso Nacho saleu na porteria suprindo o lesionado Fernando Piñeiro, contamos tamen por primeira vez este ano con Ojea, que ainda que un pouco palto de nivel físico si anotou un goliño no seu haber.
Javi Gonzalez abriría o marcador, ainda que no primeiro tempo o equipo estivo moi despistado, non eramos capaces de encadear pases e o xogo do equipo era un pouco dubidoso, o medio do campo non era capaz de imponerse o rival.
No segundo tempo houbo momentos de moi bo futbol, Beni empezou a coller o medio e eso notouse, co cal chegarían os goles de Elias e Ojea.
O arbitraxe foi como todolos deste ano, non sei que pasa pero estan-nos tratando de maneira distinta os contrarios, a ver si esto cambia agora que ascendemos o terceiro posto da clasificación.
Para a seman, visitanos o Conell. Presidencia o cal teremos que doblegar si queremos estar ahi nos lugares de cabeza desta liga.
Felicitacions a todolos xogadores ..... AUPA RIVER........