Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 20 de mayo de 2013

E acabamos a tempada goleando o Golada

Pois non é que sexa un mérito gañar 5-0 a un equipo cando se presenta a xogar o partido con 8 xogadores, pero así foi o final desta tempada, todos pensamos que o derradeiro partido iba a ser decisivo para nós pero non foi así, e o equipo contrario presentouse sin xente para que non os sancionaran e non acabar o partido.
Empezamos o partido e no primeiro minuto Beni estrea o marcador 1-0, e así foi o primeiro tempo, eles facendo o que podían e nos a medio gas, no descanso chegamos xa co 5-0, tres dos goles de Beni.
E no segundo tempo, eles xa saíron con un menos para retirarse no minuto 6 da segunda parte por lesión de outro xogador, recodar que no primeiro tempo solo xogamos 36 minutos.
Non vamos a recriminar a súa actitude porque non é do caso cando se presentan así a xogar, xa bastante teñen os que xogaron, pero fai dous anos na copa nós presentámonos a xogar 9 e un xogador de campo lesionado que quedou porteiro e eles, este mesmo equipo non tivo o mais mínimo pudor en meternos 7 goles, pero eso sí nos xogamos o partido enteiro, non nos retiramos antes de tempo. E digo esto para que despois non se den lugar a faladurías que tivemos que ouvir cando eles nos meteron os 7 goles.
Sin mais, acabouse a tempada, nesta segunda volta fixemos 30 puntos, so houberamos feito os mesmos na primeira volta quedaríamos segundo na liga, pero non é o caso agora de lamentarse.
Unha boa, moi boa segunda volta que nos levanta a autoestima que tiñamos polo chan, logo de perder tantos partidos na primeira volta, onde estivemos a punto de retirarnos e si non o fixemos foi porque ante todo, esto é un deporte e as veces toca gañar e outras perder, ainda que non estamos moi afeitos.
Esta foi a formación do derradeiro partido do sábado.
Aupa River.

domingo, 12 de mayo de 2013

Merecido empate en Conxo diante do Peña Navegante.

O sábado era como unha festa, un partido de trámite para disfrutar, as condicións eran ideais, campo de herba natural, o rival un bo equipo que xoga o futbol, e a tarde de sol radiante.
Pois nada saímos o campo sin presión e nas primeiras de cambio, un balón cedido dende o medio campo a nosa defensa que non acerta a sacalo ben, e o xogador contrario mete un golazó dende fora da área, empezamos ben mal.
Logo, eles tocaban e tocaban e nós tamen facíamos o noso xogo, cada vez fomonos situando mellor no campo e así nun corner Lolo remata o fondo da rede, 1-1.
O xogo seguiría polos mesmos cauces, solo que ainda nos caería o segundo gol, pase defensivo o porteiro que se lía e logo de varios rechaces o 2-1 sube o marcador.
Non e que eles tiveran moitas ocasións, mais ben pouco pero xa tiñamos dos goles encima, e así nos fomos o descanso.
No segundo tempo, mais do mesmo, un partido mais ou menos bonito onde o árbitro parecía estar un pouco despistado, pola contra tanto eles como nos, ainda que non nos xogaramos nada, ibamos os dous equipos a polo partido, e había disputa de balón e tensión, como debe ser nun partido de futbol, senon mellor quedar na casa.
E logo chegaría o noso gol, nun remate dentro da área de Javier (Sardi) que marca o seu primer gol nesta tempada no River.
De ahí para diante, pois casi que nos sobrou o partido, as expulsións de dous xogadores nosos por doble amarilla e algún tensión entre contados xogadores.
En lineas xerais, para nos o que non estivo a altura do partido, o árbitro, que non entendía como xogabamos con tanta intensidade os dous equipos sin xogarnos nada, pero por favor, non se pode seguir o xogo dende o medio campo señor colexiado, senon mellor quedar na casa como decía.
Felicitar o Peña navegante, un equipo que se merece o ascenso, polo xogo e pola calidade de moitos dos seus xogadores, tanto deportiva como humana, logo como en todos lados sempre hai excepcións que confirman a regla.
Derradeiro partido contra o Ventosa da Golada, tanto eles coma nos xa non nos xogamos nada pero seguro que o partido vai ser intenso a pesar das nosas expulsión e baixas para ese encontro.
Aupa River........