Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 10 de marzo de 2014

Xogabamonos media liga neste partido

O título e certo, neste partido contra o Tourline Boiro era para nós o ser ou non ser ou o que é o mesmo estar ou non estar para o ano, si se fai equipo, na Primeira División A.
Os tres puntos acadados poñen de por medio 8 puntos na clasificación a falta de 10 partidos, e certo que eles ainda non xogaron contra os dous equipos do fondo que poden ser seis puntos, ainda que o Vinoteca Raquel está dando algúnha sorpresa contra equipos teoricamente moito meyor clasificados.
Tamen nós lamentamos o partido perdido contra o Castrosua o comenzo da liga, cando ainda se presentaban 15 xogadores e non a desfeita que teñen agora.
Sobre o partido non pode comentar nada, unha porque non estiven e outra porque tampouco me gusta opinar polos demais, solo decir que a pesar do medo a que este partido podía ser unha desfeita para o noso equipo dado o que pasara en Boiro, nos tampouco sabemos coutarnos cando temos líos, pero por o que parece tanto pola nosa parte como pola súa, foi un partido onde non houbo nada que estivera fora de tono e todo se desenrrolou con calma e paz.
Solo quedar darlle a noraboa o noso equipo que neste caso acadou os 3 puntos e a eles felicitalos pola súa cordialidade no campo logo de todo o que pasara en Boiro.
Sorte e Aupa River.... Próximo partido co Victoria.

No hay comentarios: