Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 17 de febrero de 2014

Menudo desastre de competición este ano. Resumen dos 3 derradeiros partidos

Pois si, este ano parece que a competición está totalmente descontrolada polo que vemos nos derradeiros partidos, pero antes empezaremos polo partido contra o lider naquel momento, o Amio. Partido que perdemos en Silleda por 0-1, gol de Chenel que lle sirve o Amio para levarse o 3 puntos de Outeiriño.
Ainda que estivemos en todo o momento no partido, non fomos capaces de empatar, no primeiro tempo eles con xogo directo sobre o seu dianteiro Chenel, facíanos sufrir en defensa pero o problema viña mais porque nos non soupemos como facer daño no centro do campo, atrás son un bo equipo e non permiten ningún tipo de ventaxa sobre o contrario.
O final, eles acabaron pedindo a hora e nós encima pero non chegamos a marcar, costanos moito meter goles e eso notase nos resultados. Final victoria para o Amio, 0-1.
E para min Chenel é quizais o xogador mais determinante da nosa categoría, con 30 goles na primeira volta, está todo dito.
Segundo partido en Outeiriño contra o Castrosua, equipo que alá nos gañou por diversos motivos, por un lado o calor, a expulsión de un xogador noso case que o empezar o segundo tempo, os fallos do noso segundo porteiro,etc.
Preséntase o Castrosúa en Silleda con 7 xogadores e os 10 minutos, logo de marcar nos un gol por parte de Elías, faise un deles lesionado e dase por finalizado o encontro con 1-0.
Increible pero certo, espero que non fagan falta os goles para o final da clasificación, porque alomenos 3-0, pero non sei porque a Agrupación deixou así o resultado.
Terceiro partido este sábado en Silleda, o rival o Vinoteca Raquel que x anon quería xogar o día de calendario, presentase en Silleda con 9 xogadores, empezan cando eles les parece o partido e logo venlle outro xogador, no primeiro tempo vamos o descanso con 2-0 logo de costarnos mais do normal marcar o primeiro gol, xa íbamos no minuto 39.
No segundo tempo saen o cmapo logo de facerse derrogar porque seica estaban tomando cafe, a verdade e que o tempo, nevando sacaba as gañas de xogar, pero cando marcamos nós o 3-0 deciden facerse lesionados e retiranse tamen.
Resultado final 3-0, e sumamos outros 3 puntos.
Resumindo, que os equipos que están casi que descendidos fan o que queren, non xogan os partidos, e retiranse cando non lles interesa o resultado para non ser goleados.
Nos dous ultimos partidos xogamos 70 minutos como moito, penso que a agrupación debía tomar cartas no asunto e descender os equipos que andan con estas maneiras, senon estamos adulterando a competición.
Próximo partido en Calo contra o Recambios Arturo, estes non creo que se retiren, aupa River.

No hay comentarios: