Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 28 de diciembre de 2009

Torneo da Amizade

Como era de esperar o sábado celebrouse o triangular entre os tres equipos do concello de Silleda, quedando como gañador o Xanadu Silleda que logo de empatar 1-1 co River Silleda gañounos a penaltis.
Era una xuntanza entre todolos xogadores dos tres equipos e logo do partido tomamos unhas cervezas e unhas tortillas no Bodegon Trujillo, alí falamos e consideramos que a idea fora boa e que deberíamos repetila. Neste caso o Concelleiro de Deportes Javier Cuiña, que tamen xogou no noso equipo dixo que eles estaban dispostos a axudar para outras edicions con una colaboración, co cal, para o ano ou mesmo o final da tempada faremos outra xuntanza.
Tamen sinalar que tivemos un pequeno detalle para o equipo mais veterano de Silleda, o Lamela Veteranos, 27 anos levan dende a sua fundación e para o xogador en activo mais veterano, O Rubio de Vilar, que por enfermidade non pudo estar para recoller o premio.
Noraboa a todos os que participaron e fixeron posibel todo esto.
Agora a nos tocanos esperar o Esteiro para o día de de Xaneiro é ahi si temos que dalo todo.

No hay comentarios: