Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 7 de diciembre de 2009

Ag.Salgueiro Touro 2 - River Silleda 3

Qinta victoria consecutiva en liga, boisima racha a que levamos nos derradeiros partidos que xogamos fora, en Portosin e Touro, rivais que de gañarnos poñeríanse empatados con nos a puntos e ainda que nos dous partidos estivemos dominando o partido, o final sufrimos mais do esperado nos derradeiros minutos despois de ir gañando por dous goles.
O partido de Touro presentábase compricado dada a rivalidade que teñen con nos, empezamos con un arbitraxe desastroso por parte do colexiado que en qunice minutos casi nos tiña tirado o partido, eu non sei que pasa en Touro pero levamos anos de arbitraxes ali desastrosamente caseros e descarados.
Pois eso, falta que se inventa o colexiado o borde da area e gol en propia porta de Maril o tentar despexar o balón, logo anulanos unha xogada de gol por fora de gol en saque de porta, non sabía nin o reglamento, ou sabíao e fixose o tonto. Terceira, penalty en contra. Estaba ben, en quince minutos o panorama era penoso, e con ganas de marchanos a casa.
Fernando para o penalty e ahi comenza a nosa remontada, primeiro Lolo dende o medio do cmpo marca gol de falta, en fallo do porteiro, mais tarde javi Gonzalez marca o segundo, e nestas tamen un balón de Dani el falta a escuadra que non entrou de milagre.
Segundo tempo, o arbitro xa se olvidara un pouco de nos e logo das nosas queixas foi moito mais honrado e pitaou mais ou menos ben. Javi marcaría o terceiro e parecía que todo iba a seguir tranquilo hasta o final. Pero volvería a meterse no partido o Touro logo dunha perda e balón noso hacía atras o que ldou lugar a que eles meteron un golazo pola escuadra.
Sufrindo acabouse o partido e os tres puntos viñeron para Silleda.
Para a semana partido moi complicado na casa co Veteranos Compostela, campión de Segunda división o ano pasado e que leva unha boa traxetoria nesta liga, todo parece indicar que a victoria vai a ser complicada, pero vamos ir a gañar como sempre.....aupa River....

No hay comentarios: