Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 14 de abril de 2014

Victoria do River ante o Abella Veteranos

Este sábado demos un paso importante para manternos na categoría da Primeira División de Veteranos de Santiago o ano que ven.
O partido era moi importante porque de non acadar os puntos o noso rival o Abella Veteranos podería poñerse por diante de gañar o partido atrasado.
Empezamos o partido moi mal, non dabamos unha a dereitas, os xogadores sin intensidade e con moita desgana, temos que facer una reflexión e si non queremos xogar e mellor decilo ou deixar a outro compañeiro, non sair o campo por sair.
E vamos co partido, dadas as circunstancias faladas antes e como as cousas iban como iban, nunha falta o borde da área, meten gol polo pau corto e por encima da barreira, moi floxo pero asi, e raro por Chinchilla non sei lle colan estos balons pero asi foi.
E nada eles tamen non parecen o equipo que xogou ala contra nós, onde o 4-4 di todo o que foi o partido. Aqui eles deron una sensación perigosa incluso para salvarse, pode ser que as lesións lles mermaran moito o equipo pero, vimos un equipo con pouca moral e desanimado a pesares de que a nós costounos gañarlles.
E no primeiro tempo chegaría o noso gol do empate, sería Dardo o que poñería o 1-1 no marcador e con ese resultado fomonos o descanso.
No segundo tempo seguimos coa mesma teima, solo tentamos un pouco mais o gol e así chegaría xa no minuto 30 do segundo tempo, logo dunha xogada de Elias o balón queda solto e Toño Pampín marca o 2-1 que nos daría os 3 puntos.
Pouco mais que decir deste partido, o mellor os tres puntos, o peor o xogo, pero esto sigue, e ainda que na próximo xornada non hai liga, senon copa, dentro de 14 días temos que ir a gañar o Compostela para acadar a permanencia e a tranquilidade o antes posible.
Aupa River.

No hay comentarios: