Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 26 de octubre de 2009

Sigueiro 2 - River Silleda 2

O sábado pasado non poidemos pasar do empate no campo de sigueiro ante o equipo local, as baixas de outros partidos, Dani, Orza, tivemos que sumar as de Maril e David polo que nos presentamos once xogadores para disputar o quinto partido de liga, cuarto fora do noso terreo de xogo. Logo ainda que se complicaría mais a cousa, cando no minuto 2o de primeiro tempo, Fernando nunha salida choca co dianteiro contrario, o arbitro Montero pita penalty e o noso xogador queda conmocionado sobre o terreo de xogo, logo do susto saleu do campo, lanzan o penalty e o noso cancerbeiro de circunstancias Nacho da unha lección de porteiro e deten o balón, afastando o perigo. Con Fernando no banco resentindose do golpe, tiñamos un home menos no campo, ainda asi chegaría o 0-1, gol de Javi Gonzalez que nos adianta no marcador, pero non tardarían en marcar eles o gol do empate. Xa no descanso sale Fernando xogando a diante ainda medio convalecinte e os poucos minutos marcamos o 1-2, gol de Mariño que nos pon por diante no marcador, logo chegaría o empate a 2, e o final cada un dos equipos fixo un lanzamento os paus o que puido ser un aprtido apra calquera, ainda que o mais xusto foi un empate.
Noraboa a todos los xogadores sobre todo a Nacho que fixo un partidazo baixo o longueiro...a partires de agora tres partidos na casa, e ahi e onde tentaremos facer todolos puntos posibles para colocarnos o mais cerca da cabeza da clasificación.
Aupa River.....

No hay comentarios: