Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 23 de febrero de 2009

River Silleda 1 - Hnos Couto 3

O sábado volvemos a perder no campo do Lamela ante o lider Hnos. Couto, con un equipo moi mermado polas baixas e as sancions, con once xogadores afrontamos o partido votandolle mais coraxe que outra cousa.
Saliron eles moi fortes e pasamos 20 minutos moi presionados, sacando dous balons baixo os paos, e chegou o primeiro gol. Logo tivemos a ocasión de empatar con un penalty fallado por Lolo, unha pena, era o primeiro que nos pitaban na tempada.
E cando todo iba mais ou menos controlado, nun despeche de un xogador noso que pega noutro e cae o balon na area diante do dianteiro rival que marca o segundo gol, recortaríamos distancias nun rexeite dunha falta votada por Iglesias e remachada por Maril. No segundo tempo fixemos mellor partido a pesares que quedar con 10 xogadores os 5 minutos por expulsión de Iglesias, pero non fomos capaces de manexar o partido, e ainda que tivemos a ocasión de igualalo por mediación de Cuiña a falta de 7 minutos, que nunha xogada sensacional non foi capaz de picarlle o balón o porteiro despois de haber regateado a toda a defensa rival. E claro, chegou para eles o terceiro gol e definitivo que lle daba os tres puntos.
Hai que recoñecer que o equipo contrario xogo mais que nos ainda asi tivemos a posibilidade de acadar o empate si tiveramos sorte para resolver diante do porteiro, pero bueno hai que seguir esto cada vez ponse mais complicado pero sigue dependendo de nos a salvación ainda que o ter que xogar os partidos todos fora sacanos posibilidades en principio.
A ver si para o próximo partidos podemos contar de novo con Couto, Ojea, Vinseiro, Nacho, Mariño, Elias, Abeledo, Ruben, son moitas baixas que nos están mermando no xogo.

No hay comentarios: