Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





domingo, 17 de febrero de 2008

Pepe Noya 1 - River Silleda 1.

Un punto moi traballado no campo de Sar ante o Pepe Noya, pero ó equipo soupo impoñerse as sancións e lesións que mermaron o número de xogadores desplazados, solo catorce. Na linea defensiva xogaron de forma inédita Elías e Orza, que ó fixeron con solvencia e eficacia, na linea medular, notouse o traballo do recuperado Mariño que aportou o seu xogo práctico, e na dianteira boa labor de Heredia, que foi obxeto de un agarrón claro despois de irse do contrario, penalty que transformou Dani (Machete), logo ó arbitro pitaría un mais que dudoso (inexistente) penalty de Francis, logo dun rexeite do porteiro, asi chegamos o descanso. No segundo tempo, sufrimos un asedio por parte do equipo contrario ainda que os nosos contrataques tiñan moito perigo, desperdiciamos un par de ocasións clarisimas de gol, e ó equipo contrario estrelou un balon no longueiro case que ó final do partido. Necesitabamos dun premio como este para recuperar ó espritu de loita e credibilidade que nos facía falla, agora quedannos tres partidos na casa e ahí é onde temos que demostrar, si estamos capacitados para xogar o próximo ano na división de Honra ou si se nos fai demasiado..... Noraboa a todo o equipo.........

No hay comentarios: