Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 28 de enero de 2008

Primeiro partido da Segunda Volta en Caneda

O sábado disputamos o primeiro partido da 2ª volta, campo de Chaian, herba sintética, contra o Deportes Caneda de Amio, equipo que leva moitos anos competindo na liga de Veteranos de Santiago e sempre a moi bo nivel. Partido no que nos iba a vida, dado que levamos una mala racha de resultados e os rivais viñeronse encima de nos, ainda que tampouco esta ben caer en derrotismos, o triunfalismo inicial fixo que agora todos seamos máis conscientes de que ningún dos rivais e doado de vencer e que calquer, pero calquer equipo, podenos gañar.

O partido do sábado foi compricado, como casi todos, e despois de empezar perdendo no primeiro tempo por 0-1, démoslle a volta o marcador, con un cambio de aptitude no vestiario que fixo que unha vez mais, reaccionamos cando temos a auga no pescozo. De todas formas, son tres puntos moi valiosos e a moral volve a estar polo alto. Agora temos duas saidas máis, das que vamos a tentar acadar algún punto para asentarnos no posto medio da taboa que é donde en verdade merecemos estar.

No hay comentarios: