Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 2 de junio de 2014

Despedida da tempada en Camporrapado

Este sábado día 31 xogabamos en Camporrapado o derradeiro partido da liga, un partido que non tiña a tensión dos partidos anteriores pero que dadoo estado impecable  do campo de herba natural, que xa lle gustaría ter a moitos equipos de 3ª División un campo así, apetecía xogar a calquera.
Saimos con solo solo 13 xogadores, mellor dito disponibles 12 porque solo foi testimonial a miña presenza no campo o non dar xogado debido a lesión que non me deixou disfrutar deste día soleado neste campo, sendo o derradeiro partido.
Saimos tocando o balón e mesmo nos 5 primeiros minutos de xogo Elías tivo a oportunidade de poñerños por diante no marcador, pero dando moitas facilidades en defensa  chegaría o gol deles, nunha perda nosa do balón no centro do campo, balón o seu número 10 Carlin e este vaise da defensa e bate por raso a Chin.
De todolos modos o noso xogo era mais combinativo que o deles, pero non daba os seus frutos, a verdade e que eles tiñan un montón de cambios no banquillo o que creo que poido ser o que motivou a súa victoria, que non por xogo nin oportunidades.
O noso empate chegaría por medio de Pampin que logo de recibir un pase en medio campo, enfrenta a defensa rival, vaise deles e marca diante do porteiro o empate.
E noutra xogada tamen será Pampin o que poña o 1-2 no marcador, logo dun bo pase de Lolo, estabamos por diante e eles querían gañar o partido.
E volvemos a perder o balón no medio campo nun exceso de regates do noso medio centro, e eles volven a empatar o partido 2-2.
E cando todo parecía que iba a quedar así, dado o caracter case que amigable do encontro, chegaría o gol deles nun despiste total noso, sacan de banda e dende o medio campo dun lanzamento longo e forte sin moita colocación sorprenden o noso porteiro e poñense 3-2.
Decir que nos tivemos mais ocasións tamen, sobre todo de Elias que fixo un bo partido ainda que non estivo atinado con gol, por outro lado destacar o partido de Pampín que ainda que perdeu o balón no primeiro gol, logo marcou dous goles soberbios e ibase como lle daba a gana dos defensores locais.
Termina a tempada, e ainda que aparecemos no posto 11 con 36 goles, dado que o noso gol avergae con Abella o temos a favor, o final acabamos no posto 10 deixando por debaixo noso antes do ascenso o Sporting Puebla e o Abella.
Resumindo final de tempada, un ano mais o equipo poderá competir na Primeira División A de Veteranos, agora a descansar que a tempada se fixo un pouco larga.
Aupa River.!!!!!!!!!