Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





viernes, 27 de diciembre de 2013

Gran victoria en Xallas

Este sábado gañamos en Picota (Mazaricos) ante o Terras de Xallas de Santa Comba, un partido moi importante para nós que nos levanta a moral e tamen na clasificación, levábamos duas derrotas seguidas por un gol que nos facían perder un pouco a confianza en nos mesmos.
O partido non foi para nada doado, eles un bo equipo e naquel campo pequeniño puxaron moito durante todo o partido e si e certo que nos tivemos as ocasións mais claras de gol en contra ataques, eles tamen mandaron un balón o poste no segundo tempo.
O día estaba de perros, choiva e vento, no primeiro tempo por encima xogamos contra o vento, e fomonos o descanso con empate a cero.
No segunod tempo fixemos mellor partido ainda que o principio eles estiveron moi encima da nosa portería e sería Pampin o que a pase de Cuiña dende atrás se adiantara no marcador.
O final que nos trouxemos os 3 puntos para Silleda e danos un golpe de moral que nos facía falta para afrontar esta recta final da primeira volta onde temos partidos difíciles, ainda que nesta liga podese gañar a calquera como o fixemos este sábado como perder co claquera como fixemos contra o Castrosua.
Próximo partido en Lousame (Noia)....Aupa River.

Perdemos co T. Ventosa de A Golada

O Talleres Ventosa levouse os 3 puntos de Silleda nun partido onde nos non fomos capaces de facer bo xogo e de crear perigo na área contraria.
A verdade e que a baixa do noso porteiro Chinchilla notouse moito, e non podemos culpar a derrota do partido a ninguen, pero algún dos goles deles serían evitables coas saidas as que nos ten acostumados Chinchilla.
Pouco mais que comentar, con Kurras e Mariño xogando lesionados e as baixas de Santi, Chinchilla e Julio Ferradas, o equipo resinteuse moito.
Eles un equipo pelexón e duro, moi protestón por certo, fixeron o seu partido, perdendo tempo durante todo o segundo tempo, e o final levaronse os 3 puntos. O noso gol anotouno Dardo.
Próximo partido en Xallas.
Aupa River.

jueves, 5 de diciembre de 2013

Derrota contra Sp. Puebla

A derradeira xornada de liga enfrentounos o Sporting Puebla e ainda que os puntos do noso rival parecían no inquietar moito, no campo foi un rival que xogou como calquer outro equipo e gañounos o final, un empate, dado como meteron eles o gol o final do partido e en propia porta, houbera sido unha xusta recompena o noso esforzo, ainda que eles puxaron moito mais durante todo o partido.
Polo noso equipo tiñamos baixas importantes, Kurras, Santi, Mariño, Javier Sardi e Ferradas, fixeron que o equipo rival tivera mais cambios e se levase o partido.
Por certo, partido moi limpio entre ambolos dous equipos, eles mostraronse como un equipo señor e nos na mesma linea, nada que ver co que nos pasara no partido de Boiro contra o Touline.
Nada que rexeñar, solo decir que a defensa fixo un bo partido, incluso o porteiro Chinchilla parou un par de ocasions boas deles, pola nosa parte pouco fixemos en ataque e nos corners tampouco estivemos acertados, nas faltas menos, e así nos viñemos, logo de un esforzo importante o noso casilleiro de puntos segue no mesmo sitio.
Próximo partido moi complicado contra o Golada, ainda que cada partido é unha aventura dado que nunca sabes con que xente vas a contar.
Aupa River.