Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





miércoles, 30 de marzo de 2011

O Touro non foi rival.

O sábado gañamos o Touro en Outeiriño con goles de Miguel Cuiña, Jose Luis Alvarez, Mariño e Javi Gonzalez, ó final 4-0 e tres puntos mais no noso casilleiro.
Todo foi mais fácil do que tiñamos previsto e os goles foron caendo do noso lado, sin que o rival poidese poñer moita contra, o porteiro  "en funcions", Manuel Gonzalez tivo un par de paradas de mérito o que fixo que  a portería nosa quedase a cero.
Sin maís istoria neste partido, o rival parece que se preocupa mais de que nos, non quedemos primeiros, que de salvarse eles,  ou teñen asumido o descenso ou non se entende a actitude de algún xogador deles, preguntando polo resultado do Cuntis, de todalas formas está claro que para o ano que ben, non xogaremos na mesma categoría e eso agradecemolo moito.
Para o seguinte partido visitamos os Veteranos de Compostela, un equipo que vai nos postos do fondo pero que será complicado como casi todos os rivais no seu campo.
Aupa River.....

miércoles, 16 de marzo de 2011

Tordoia 1 - River Silleda 1

Empate ó sábado ante o novo lider da categoría, o Tordoia, resultado que consideramos bo ainda que poidemos gañar tamen poidemos perder, sobre todo nos quince primeiros minutos, onde eles nos gañaban todolos rebotes, sairon moito mais metidos no partido, e de non ser por un balon o pao e por unha parada de Chichilla de falta, o resultado sería moi distinto.
A pesares de todo, nos a contra creábamos perigo e nunha xogada de Javi Glez chegaría o noso gol, adiantábamonos no marcador e ese era o noso xogo, replegados e saidas a contra.
Pero noutra pérdida de balón facemos falta e eles marcan pola escuadra o empate sin que Chichilla poida facer nada, e ainda así unhos minutos antes Javi Glez poido marcar o 0-2 que podería complicarlles moito a cousa a eles, pero o porteiro logo de enviar o saque de porta directo o noso dianteiro, retificou e con moitos apuros afastou o balón da portería, unha magoa, agora seríamos líderes de novo.
No segundo tempo, pouco mais que contar, pola nosa parte fomos a mais en control de partido e eles xa tiñan mais medo dos nosos contra ataques que das súas posibilidades, ainda así desmostraron que por algo están ahi.
Ainda así como pode verse na clasificación, este empate baixanos o terceiro posto da clasificación, a un punto do Tordoia e do Cuntis o novo lider.
Próximo partido o día 26 contra o Touro en Silleda, un equipo que de perder podese decir que estaría case que descendido de categoría.
Aupa River.......